MERCADIÑO DE NADAL 2019/2020

Os  nosos rapaces coa axuda de toda a comunidade educativa, montaron un posto navideño no Mercado de Nadal 2019/2020, traballaron moito e fixeron cousas fermosas como as seguintes, esperamos que logren unha gran venda de todas elas.

 

 

 

 RECORTES DE PRENSA, VOLVEMOS A SAIR EN....

SOMOS COMARCA

 

O Mercadiño de Nadal de Rubiá celebrase esta fin de semana

 
O Mercadiño de Nadal de Rubiá celebrase esta fin de semana

Produtos tradicionais como pan, mel licores así como artesanía estarán presentes no recinto da Casa da Cultura

O Concello de Rubiá organiza un ano máis o Mercadiño de Nadal que se celebrará no interior do recinto da Casa da Cultura o 14 e 15 de decembro.

Mercado de produtos tradicionais como mel, pan, doces ou licores. Tamén artesanía en coiro e xoiería, artigos de segunda man. Como é habitual, os nenos e nenas do colexio Virxe do Camiño de Rubiá, montarán o posto de adornos de Nadal para recadar cartos para a excursión de fin de curso.

A inauguración será o sábado 14 de decembro, ás 12:00 horas e contarase ca presenza do alcalde Elías Rodríguez. O Mercadiño estará aberto de 12:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.


 


Desde a Concellería de Cultura informan  que aínda está aberto o prazo para solicitude de postos. Máis información  chamando ó Concello de Rubiá en horario de oficina.

O último día, o domingo ó peche do mercadiño farase entrega dos premios do terceiro concurso de fotografía «Rubiá outono sen filtros». Tamén haberá degustación de chocolate con churros para todos os asistentes.

Esta é xa a cuarta edición dun Mercadiño de Nadal que se consolida a medida que pasan os anos. Comezou no 2016 para que os veciños e veciñas mostrasen os seus produtos, artesanía até para vender cousas de segunda man e nesa primeira edición chegaron a contarse até 12 postos. Agora xa é unha cita case que obrigada.

 

 

Rubiá celebra esta fin de semana o Mercadiño de Nadal

 
 
 
 
 
 
 

Nos postos deste mercadiño destacan os prudutos artesanais coma pan, licores ou doces

O Concello de Rubiá organiza un ano máis o Mercadiño de Nadal que se celebrará no interior do recinto da Casa da Cultura entre hoxe 14 de decembro e mañá día 15.

Neste mercado de produtos tradicionais pódense atopar produtos coma mel, pan, doces ou licores. Tamén artesanía en coiro e xoiería, artigos de segunda man. Como é habitual, os nenos e nenas do colexio Virxe do Camiño de Rubiá, montaron o posto de adornos de Nadal co fin de recadar cartos para a excursión de fin de curso.

O Mercadiño estará aberto de 12:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas

.Rubiá celebra esta fin de semana o Mercadiño de Nadal



Mañá último día de mercado faráse entrega dos premios do terceiro concurso de fotografía «Rubiá outono sen filtros». Tamén haberá degustación de chocolate con churros para todos os asistentes.

Esta é xa a cuarta edición dun Mercadiño de Nadal que se consolida segundo que pasan os anos. Comezou no 2016 para que os veciños e veciñas mostrasen os seus produtos, artesanía até para vender cousas de segunda man e nesa primeira edición chegaron a contarse até 12 postos. Agora xa é unha cita case que obrigada.

 

  

TAMÉN NO XORNAL

O SIL

 

Entre os expositores do 4º Mercadiño Navideño de Rubiá

estará o do CEIP P. Virxe do Camiño

Esta mostra abrirá as súas portas o sábado 14 de decembro ás 12:30h. na Casa da Cultura

 

Imaxe do expositor do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá no Mercadiño Navideño do 2019./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Produtos tradicionais, doces, artesanía, obxectos de decoración… Son algúns dos produtos que poderán atoparse as persoas que visiten nesta fin de semana do 14 e 15 de decembro o “4º Mercadiño Navideño” de Rubiá, que estará instalado na Casa da Cultura.

Esta mostra inaugurarase o día 14 de decembro ás 12:30h. e poderá visitarse, tanto nesa xornada como na do 15 de decembro en horario de 12:30h. a 14h. e de 16:30h. a 20h. Ademais, este segundo día pola tarde o Concello entregará os premios do concurso de fotografía “Rubiá Outono sen filtros”.