Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

XA TEMOS NO NOSO COLEXIO O DIGICRAFT

O noso centro foi seleccionado nun programa innovador o DIGICRAFT, xa temos no noso centro o material necesario para que os nosos alumnos disfruten dun mundo virtual desexamos que neste curso disfruten do mundo apaixonante do DIGICRAFT, pero tamen saimos outra vez na diferente prensa da nosa contorna.

RECORTE DE PRENSA DO PERIODICO O SIL

Tres colexios de Valdeorras, seleccionados para o proxecto autonómico “Digicraft”

Os CEIP Condesa de Fenosa do Barco, Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín e Virxe do Camiño de Rubiá son tres dos 50 galegos que mellorarán, durante 2 cursos, as súas competencias dixitais

 

Fachada principal do CEIP Condesa de Fenosa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

O alumnado de 50 centros educativos de toda Galicia participará durante dous cursos académicos no proxecto Digicraft, que ten como obxectivo a mellora das competencias dixitais dos máis novos, entre eles o do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco e o do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín e o do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá.

Na presentación, cos docentes e directores dos colexios participantes nesta iniciativa desenvolvida en colaboración coa Fundación Vodafone España, a conselleira de Educación salientou que Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que está facendo unha aposta “serie e global” polo uso “seguro e crítico” da tecnoloxía nas aulas desde a etapa de infantil, e sempre “coidando incorporar contido humanístico á revolución tecnolóxica que vivimos”. Nesta liña enmárcase o proxecto Digicraft no teu cole xa que -en palabras da conselleira- “fai unha aproximación diferente que trata de achegar os estudantes ao mundo dixital converténdoos en creadores, non como consumidores”.

 

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, a directora da Amtega, Mar Pereira, e a presidenta da Fundación Vodafone España, Remedios Orrantia, participan na presentación aos centros educativos do proxecto “DigiCraft no teu cole”.

 

O proxecto Digicraft no teu cole ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento da competencia dixital na infancia e na xuventude, a través dun programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas do que se beneficiarán máis de 3.800 nenos de entre 6 e 12 anos. Ao seu abeiro, tal como explican dende Educación, traballaranse nas cinco áreas competenciais que definen a competencia dixital, en concreto a información e alfabetización informacional, a comunicación e colaboración, a creación de contidos dixitais, a seguridade e a resolución de problemas. Dentro delas abordaranse asuntos como a procura e filtrado de datos, a participación cidadá en liña, a xestión da identidade dixital, os dereitos de autor e licenzas, a programación, a protección de datos persoais e a privacidade ou a identificación de necesidades e respostas tecnolóxicas, entre outros aspectos.

En cada curso académico trabállanse dous itinerarios de 14 horas de duración (un total de 1 h/semana durante 28 semanas lectivas), compostos por unha serie de actividades que van aumentando gradualmente en nivel de dificultade. “As actividades combinan o mundo dixital e a tecnoloxía co xogo, o aprender facendo e o desenvolvemento de habilidades motoras”, din dende a Consellería.

 

Fachada do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Cada actividade conta cunha guía didáctica na que se explica que competencias (dixitais e xerais) se traballan, os obxectivos que se queren lograr, o material necesario e os pasos para seguir para realizala. Dado que traballa parte das competencias definidas no currículo de primaria, Digicraft no teu cole pódese impartir tanto en horario lectivo como fóra del.

Uns 100 docentes dos 50 centros seleccionados recibirán formación específica para impartir o programa nas aulas. Ademais, dotarase os colexios de 600 tabletas e 100 kits tecnolóxicos instant dixital skills. Estes kits contan con placas de programación básica axeitadas para nenos, materiais para visualizar elementos en realidade aumentada de forma sinxela e manexable; pirámides holográficas que permiten a visualización de hologramas e algúns outros materiais tales como barallas de cartas e taboleiros. Así mesmo facilitaráselles aos centros acceso aos materiais descargables para o desenvolvemento das actividades recollidas no programa.

 

CEIP Plurilingue Virxe do Camiño de Rubiá. /Foto cedida.

 
RECORTE DE PRENSA DE SOMOS COMARCA:

«Digicraft no teu cole» chega ao «Condesa Fenosa», a Rubiá e Vilamartín

17 octubre, 2019 ACTUALIDAD , O BARCO , RUBIÁ , VILAMARTÍN
«Digicraft no teu cole» chega ao «Condesa Fenosa», a  Rubiá e Vilamartín

Trátase dun programa para reforzar as competencias dixitais do alumnado e se prolongará durante dous cursos

 

OColexio Condesa Fenosa de O Barco, o «Xosé Manuel Folla Respino » de Vilamartín e o CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá son tres dos 50 centros educativos galegos escollidos para participar, durante dous cursos académicos, no proxecto «Digicraft», que ten como obxectivo a mellora das competencias dixitais do alumnado.

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a directora da Amtega, Mar Pereira, abordaron cos docentes e directores dos colexios participantes esta iniciativa, desenvolvida en colaboración coa Fundación Vodafone España.

A conselleira de Educación salientou que Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que está facendo unha aposta «seria e global» polo uso «seguro e crítico» da tecnoloxía nas aulas desde a etapa de infantil, e sempre coidando incorporar contido humanístico «á revolución tecnolóxica que vivimos».

Nesta liña enmárcase o proxecto« Digicraft no teu cole», que trata de achegar os estudantes ao mundo dixital converténdoos en creadores, «non como consumidores», matizó a conselleira.

Presentación de«Digicraft» á que acudiron directores dos centros escolares

Ademais do reforzo de competencias dixitais nas aulas, esta iniciativa vai permitir tamén outras como a comunicación,«aprender a aprender», desenvolver o espírito emprendedor, fomentar o traballo en equipo, a resolución de problemas, a toma de decisións, a capacidade lingüística oral e escrita, o razoamento crítico e a aprendizaxe autónoma.

O proxecto «Digicraft no teu cole» ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento da competencia dixital na infancia e na xuventude, a través dun programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas do que se beneficiarán nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

Traballaranse en cinco áreas da competencia dixital: información e alfabetización; comunicación e colaboración; a creación de contidos dixitais; seguridade e resolución de problemas. Dentro delas abordaranse a procura e filtrado de datos, a participación cidadá en liña, a xestión da identidade dixital, os dereitos de autor e licenzas, a programación, a protección de datos persoais e a privacidade ou a identificación de necesidades e respostas tecnolóxicas, entre outros aspectos.

Este programa, caracterizado pola súa transversalidade, permite traballar en equipo, tomar decisións, aumentar a capacidade de comunicación oral e escrita, o razoamento crítico e a aprendizaxe autónoma, entre outras.