Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

EDUCACIÓN FÍSCA PARA TODOS E TODAS

Bos días!

Como o levades? Seguro que ben, estades a facelo de marabilla!

Como seguimos confinados e sen cole intentaremos realizar as sesións de Educación Física desde a casa (na medida do posible); cada un o que poida e como poida.

Antes de nada, recordade a importancia dunha boa alimentación, sá e equilibrada, igual que unha boa hidratación a través de auga antes, durante e despois de facer exercicio. A roupa debe ser cómoda, para non reducir os movementos e igual de importante é a hixiene despois de realizar actividade física. Antes de comezar a facer calquer tipo de exercicio físico é necesario facer un pequeno quecemento e ao rematar uns sinxelos estiramentos.

Empezamos con un pouco de música, o obxectivo é aprender unha coreografía moi sinxela e curta que vos deixo, xunto con outras propostas no seguinte enlace.

ÁNIMO E A MOVERSE!!

 

PULSADE NA IMAXE PARA VER O DOCUMENTO



page | by Dr. Radut