Dende o día 20 de maio e ata o 21 de xuño incluídos, ábrese o prazo para presentar as solicitudes de participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e AXUDAS para adquirir libros de texto e material escolar, para o vindeiro curso académico 2023-2024.
O impreso de solicitude poderá descargarse do arquivo adxunto ou poderá recollerse no centro.
As solicitudes poderán presentarse por sede electrónica ou de forma presencial no centro.