Skip to Content

AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN FINAL DO ALUMNADO

 

AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN FINAL DO ALUMNADO:

 

A avaliación e cualificación final rexerase por as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. E a “Orden EFP/365/2020, de 22 de abril, por la que se establecen el marco y las directrices de actuación para el tercer trimestre del curso 2019-2020 y el inicio del curso 2020-2021, ante la situación de crisis ocasionada por el COVID-19”.

 

A avaliación no noso centro educativo será continua, cun carácter diagnóstico e formativo.

Realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres do curso e sobre as actividades de reforzo, recuperación ou ampliación de aprendizaxes desenvolvidas desde a declaración do estado de alarma, sempre e cando beneficie ao alumnado.

 

A concreción dos criterios de avaliación e cualificación versará sobre as aprendizaxes e competencias imprescindibles xa identificadas nas modificacións das programacións para este trimestre.

 

CUALIFICACIÓN e AVALIACIÓN FINAL

A avaliación final considerará o conxunto das avaliacións feitas durante o curso. Realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres do curso e sobre as actividades de reforzo, recuperación ou ampliación de aprendizaxes desenvolvidas desde a declaración do estado de alarma, sempre e cando beneficie ao alumnado.

En base ao marco legal que regula a avaliación na nosa comunidade educativa establecemos os seguintes criterios para o cálculo da cualificación final:

-      

A nota base do alumnado será a resultante dos resultados obtidos durante o primeiro e segundo trimestre na seguinte proporción:

o   

60% do total resultado da cualificación obtida no PRIMEIRO TRIMESTRE.

o   

40% do total resultado da cualificación obtida no SEGUNDO TRIMESTRE.

-      

En base aos criterios de cualificación establecidos o alumnado poderá mellorar a cualificación ata un 20% se o docente considera que o rendemento é positivo.

 

Sempre se terán en conta as posibilidades e circunstancias de cada un dos alumnos e alumnas.

 

ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES NO 1º OU 2º TRIMESTRE.

 MATERIAS PENDENTES (actividades de seguimento, recuperación e avaliación):

·        

Se non se dispón de información obxectiva do alumnado para este tipo de avaliación ou con avaliación negativa, poderase convocar ao alumnado a unha proba telemática. Esta proba poderá ser substituída por traballos ou actividades que permitan unha avaliación obxectiva.

·        

Detallar criterios de avaliación e cualificación, establecer as datas e os procedementos para a avaliación destas materias.

 

 

AVALIACIÓN ALUMNADO CON NEAE

A avaliación do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo rexerase pola Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. E a “Orden EFP/365/2020, de 22 de abril, por la que se establecen el marco y las directrices de actuación para el tercer trimestre del curso 2019-2020 y el inicio del curso 2020-2021, ante la situación de crisis ocasionada por el COVID-19”.

 

E seguirá o criterio xeral establecido para o centro nestas circunstancias, agás nos seguintes casos:

·        

ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA: neste momento no centro temos dous alumnos de incorporación tardía, que se incorporaron o noso centro 15 días antes do establecemento do estado de alarma. Polo que para avalialos teremos en conta os resultados obtidos no segundo trimestre mais as actividades de reforzo e recuperación establecidas no terceiro trimestre polos titores. Facendo unha media dos seus resultados.

·        

ALUMNADO CON AC: seguirao procedemento xeral que se estableza para o resto do alumnado, aplicado sobre a súa Adaptación Curricular.

 

PROMOCIÓN e FLEXIBILIZACIÓN:

A promoción será a norma xeral en todas as etapas. Non poderá estar baseada unicamente no número de materias non superadas. A repetición de curso será unha medida excepcional, argumentada e acompañada dun plan de recuperación.

Para que un alumno non promocione de nivel ou flexibilice unha etapa educativa, teranse que dar os seguintes criterios:

·        

Que o titor, profesorado do alumno e departamento de orientación considere que esta é a medida que mais lle beneficia o alumnado nesta situación.

·        

Autorización da dirección do centro educativo.

·        

Autorización da familia.

·        

No caso de flexibilizar require a autorización da Inspección Educativa.

 

NOS DOCUMENTOS ADXUNTOS TERÁN ACCESO Á AVALIACIÓN ESPECÍFICA PARA CADA ETAPA EDUCATIVA

 

 

AdxuntoTamaño
AVALIACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL.pdf686.83 KB
AVALIACIÓN EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf897.56 KB


page | by Dr. Radut