Ola familias temos unha nova MISIÓN da Raiña Dourada:
" Queridos súbditos, pensei que vos forades de vacacións, pero xa me contaron que non, que estabades na casa traballando un montón para poder ser cabaleiros e cabaleiras.
Como xa sabedes un montón sobre as armaduras, para a seguinte misión teredes que seguir aprendendo cousas sobre as armas.
Os mensaxeiros reais ensinaranvos un documento secreto sobre as armas que poden empregar os cabaleiros".
6ºINF
Tedes que ler moi atentamente o documento que vos envía a RAIÑA, e ao rematar debuxar e colorear cada arma e escribir o seu nome..
Adeante, vós podedes!!!
5ºINF
Unha persoa maior vaivos ensinar as armas e decirvos as súas características. Despois podedelas debuxar, calcar ou repasar e colorear e escribir o nome de cada unha con letras maiúsculas, ou que volo escriban e vos colocádelo no lugar correspondente.
Ánimo, que vós podedes!!!!
4ºINF
Un adulto ( axudante da raiña) vaivos ler unha cousa moi importante. Despois teredes que repasar ou calcar os debuxos e colorealos y dicir como se chama cada arma ou colocar o nome ( que vos escribirá un axudante) ao lado de cada arma.
Veña que vós podedes!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
LAS ARMAS DE LOS CABALLEROS4º Y 5º DE INFANTIL.pdf | 527.23 KB |
LAS ARMAS DE LOS CABALLEROS 6ºinf.pdf | 911.4 KB |