Skip to Content

CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DE AULAS PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO

CRITERIOS PARA A ASIGNACIÓN DE AULA A ALUMNADO PROCEDENTE DOUTROS CENTROS OU DE NOVO INGRESO

 

    

Criterios para a asignación de aula a alumnado procedente doutros centros

 

Os criterios para designar a aula do alumnado que se incorpore doutros centros en calquera momento do curso, serán os seguintes:

 

1.     

Ratio (número de alumnos por aula. O novo alumno asignarase á aula con menor número de alumnos). Determínase a ratio nas unidades que son puras (teñen só un nivel) en 25 alumnos/as, e nas unidades que son mixtas (dous ou máis niveis) en 20 alumnos na etapa de Educación Primaria, e 18 alumnos na etapa de Educación Infantil.

 

2.     

Letra do primeiro apelido: dende a letra A ata o L (incluído), asignaráselle a aula  A (edificio de Covadonga), e dende o M ata o Z, asignaráselle a aula B (edificio de Eiroás).

 

3.     

Concilia: si veñen dous ou máis irmáns, teranse en conta os criterios anteriores para o irmán menor. Se xa estivera matriculado un irmán no centro, ao de nova incorporación asignaríaselle a aula que lle correspondera por nivel no mesmo edificio que o seu irmán, salvo petición expresa e por escrito dos pais ou representantes legais.

 

4.     

NEAE: se o alumno que se incorpora ten ACI, asignaráselle a aula onde non exista ningún alumno con estas medidas específicas. En caso de que houbera nas dúas aulas, atenderíanse aos criterios mencionados anteriormente en orde, aínda que sempre tendo en conta o criterio da Xefatura do Departamento de Orientación  do centro.

 

 

                       

Criterios para a asignación de aula a alumnado de novo ingreso (4º de Educación Infantil)

  

A comisión de agrupamento que se constituiu no centro, e que está formada polo equipo de Educación Infantil, Xefa de Departamento de Orientación e Equipo Directivo, determinou os seguintes criterios de adxudicación de aula:

 

1. Proximidade de domicilio ao edificio

 

NOTA ANEXA: De todos os xeitos, todo aquel alumnado que aínda  que  lle corresponda o edificio de Eiroás atendendo aos criterios anteriores, estea interesado en matricularse nun grupo ubicado no edificio de Covadonga, poderá facelo, sempre e cando os criterios pedagóxicos así o posibiliten.

 



page | by Dr. Radut