Skip to Content

ALERTA METEOROLÓXICA

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 90-100km/h, que comezará mañá, martes día 26.11.2019 ás 14.00 horas e prolongarase ata as 00:00 horas do día 27.11.2019. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica do interior da provincia da Coruña, a Mariña, montaña e centro da provincia de Lugo, interior da provincia de Pontevedra, e o sur e montaña da provincia de Ourense.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.

Polo tanto, mañá MARTES quedan suspendidas as actividades no exterior do noso centro no horario indicado (periodo de lecer despois do comedor e clase da tarde).

 

O director



story | by Dr. Radut