Aquelas familias interesadas en que os/as seus/súas fillos/as sexan usuarios/as do comedor escolar durante o presente curso 2023/2024 deberán presentar a solicitude de uso do comedor cuberta e asinada.
Pódese descargar --> AQUÍ
Asimesmo, aquelas familias solicitantes de comedor que realizasen a declaración da renda correspondente ao exercicio de 2022, deberán presentar ademais, cuberto e asinado, o modelo de autodeclaración de prezos públicos.
Pódese descargar --> AQUÍ
É necesaria a presentación da documentación tanto para o alumnado xa matriculado no centro, como para o alumnado de nova incorporación.
- A documentación pódese presentar de dúas maneiras:
a) PRESENCIALMENTE, no despacho de secretaría do colexio en horario de 10:00 a 14:00 horas.
b) TELEMÁTICAMENTE, escaneada e enviada por correo electrónico á dirección do noso colexio: ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.gal.
- PRAZO: do 1 ao 8 de setembro de 2023, ambos incluidos.
(Non se admitirán solicitudes despois desa data)
Anexo | Tamaño |
---|---|
Autodeclaración.pdf | 223.74 KB |
SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR.pdf | 119.7 KB |