Estimadas Familias:
Estamos ultimando a organización, posta a punto e adaptación do noso centro á difícil realidade coa que nos toca convivir nos próximos meses, de maneira que o regreso ás aulas por parte dos nosos nenos/as sexa o máis seguro posible.
O vindeiro luns, día 7 de setembro faremos públicos na nosa páxina web unha serie de documentos clave nos que levamos traballando moito tempo e que nos servirán de guía para abordar o presente curso escolar coas máximas garantías. Son os seguintes:
1. PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NO CEIP VIRXE DO CORPIÑO
2. PLAN DE CONTINXENCIA
3. PLAN DE ACOLLIDA EMOCIONAL
Son 3 documentos de suma importancia e de lectura obrigada por parte de todos os membros da comunidade educativa.
Para poder explicar as súas claves e resolver calquera tipo de dúbida ou inquedanza, quedades convocados a unha reunión cos docentes que forman parte do equipo Covid-19 do colexio. As reunións terán lugar de maneira escalonada por niveis, evitando calquera tipo de aglomeración. Celebraranse no patio cuberto do noso centro, no seguinte horario:
MARTES 8 DE SETEMBRO
10:00 horas: familias de Educación Infantil
12:00 horas: familias de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria
MÉRCORES 9 DE SETEMBRO
10:00 horas: familias de 4º E 5º de Educación Primaria
12:00 horas: familias de 6º de Educación Primaria
NORMAS XERAIS
- Á reunión só pode acceder UNHA soa persoa por familia.
- Acceder ao recinto escolar con máscara protectora e non retirala en ningún momento.
- Desinfectar as mans con xel hidroalcólico ao chegar.
- Manter unha distancia interpersoal de 1,5 m como mínimo.