Skip to Content

Benvida

Benvidos á web do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño!

 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

Faise pública a listaxe DEFINITIVA de beneficiarios e excluídos do fondo solidario de libros de texto, así como das axudas para mercar libros de texto e material escolar.

Por unha cuestión de protección de datos atópase únicamente publicada no taboleiro interior do colexio.

As familias de 3º e 4º de Primaria podedes consultar os libros concretos que se vos concederon e así saber se sodes beneficiarios da totalidade dos libros ou tedes que mercar algún. 

Recordamos que o prazo para recoller os vales de axuda para a compra de material escolar e libros de texto abrangue desde o luns día 1 de xullo ata o mércores día 3 de xullo, ambos incluídos, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/2025

Faise pública a listaxe de libros de texto que empregará o alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño durante o vindeiro curso escolar 2024/2025.

Pódese consultar a listaxe premendo AQUÍ.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2024/2025

PRAZO: Do 20 ao 27 de xuño de 2024, ambos incluidos.

HORARIO: De 10:00 a 14:00 horas.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

Alumnado que se escolariza por primeira vez (3 anos):

 

  • Formulario de Matrícula cuberto e asinado (Descargar AQUÍ)
  • Solicitude de Transporte Escolar (Descargar AQUÍ)
  • DNI das persoas proxenitoras (fotocopia)
  • Libro de vacinas (fotocopia)
  • Tarxeta Sanitaria (fotocopia)
  • 2 fotografías tamaño carné (co nome escrito no reverso)
  • Elección sobre as ensinanzas de Relixión/Atención Educativa (Descargar AQUÍ)
  • Elección sobre o uso da imaxe persoal (Descargar AQUÍ)

 

Alumnado que procede de outros centros educativos:

 

  • Solicitude de Transporte Escolar (Descargar AQUÍ)
  • Tarxeta Sanitaria (fotocopia)
  • 2 fotografías tamaño carné (co nome escrito no reverso)
  • Elección sobre as ensinanzas de Relixión/Proxecto Competencial (Descargar AQUÍ)
  • Elección sobre o uso da imaxe persoal do alumno/a (Descargar AQUÍ)

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2024/2025

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2024/2025

Publicada a LISTAXE DEFINTIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2024/2025 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

A información sí chegará ás familias interesadas a través do medio que marcaron na solicitude para a recepción da resolución (electrónico ou postal).

Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, querémosvos trasladar que a totalidade do alumnado que presentou solicitude de admisión no noso centro está admitido definitivamente.

ADMISIÓN ALUMNADO: CURSO 2024/2025

Horario de Atención ao Público

Luns a venres: 09:30 – 14:30

 

  ADMISIÓN ALUMNADO | Curso 2024/2025

 

CALENDARIO

 Do 1 de marzo

ao 20 de marzo

Presentación de Solicitudes de Admisión

Modelo ED550B

ANEXO II BIS 

25 de abril

 

Publicación da Lista Provisional

Do 25 de abril

ao 2 de maio

 

Presentación de reclamacións á Lista Provisional

15 de maio

 

Publicación da Lista Definitiva

Do 20 de xuño

ao 30 de xuño

 

Formalización da Matrícula

 

MÉTODOS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Papel

 

·     Impreso ED550B

·     Anexo II (Comprobación de datos)

·     Libro de Familia ou DNI do neno/a

Aplicación

Admisión Alumnado

 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Sede Electrónica

Xunta de Galicia

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Queredes coñecer a nosa escola?
Abrimos as portas de par en par para que poidades vir a coñecer o noso proxecto educativo!
- Data: Martes 27 de febreiro de 2024
- Hora: 16:15 horas.
 
AGARDÁMOSVOS!
XORNADA DE PORTAS ABERTAS

RESERVA DE PRAZA 1º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o  día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Río Miño de Rábade. Para facela efectiva deberá presentar:

-SOLICITUDE TELEMÁTICA, a través da Sede Electrónica accedendo a: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A&ano=2022&numpub=1&lang=es con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

-SOLICITUDE PRESENCIAL no despacho de dirección do colexio en horario de 09:30 a 11:30 horas(Deben entregala os pais/nais ou titores legais).

Engadir copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras

O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Pódese descargar a solicitude facendo click --> AQUÍ

CALENDARIO ESCOLAR 2023/2024

Os días de libre elección escollidos polo centro como non lectivos para o presente curso 2023/2024 son:

- Venres 17 de novembro de 2023.

- Xoves 16 de maio de 2024.

 

Podedes descargar o calendario escolar en PDF facendo click --> AQUÍ

CALENDARIO ESCOLAR 2023/2024
Distribuir contido


by Dr. Radut