Skip to Content

Saídas

APRAZADA A RECOLLIDA DE PAMPILLOS

IMG20230508123938~1.jpg

QUEDA APRAZADA, por mor das previsións de chuvia, a saída pola contorna que estaba previsto realizar este venres, 3 de maio, para recoller pampillos cos que celebrar a Festa dos Maios.

XORNADA XOGADE

No día de hoxe, o alumnado de 1º e 2º de EP acudiu ao pavillón municipal Coto Ferreiro (A Estrada) a realizar unhas dinámicas multixogo. Esta actividade enmárcase dentro da modalidade XOGADE, do proxecto de vida activa e deportiva no que participa o centro. Cativas e cativos tiveron a oportunidade de compartir a experiencia con outros centros educativos da contorna. 

Pasárono en grande!

 

MOSTRA DE TEATRO

 

Onte o alumnado de 6º representou ao noso colexio na 6ª Mostra de Teatro Escolar Olimpio Arca. A obra foi "O tupé non era tal", baseado no conto "A voda do galo Pinto". VI Mostra de Teatro Escolar Olimpio Arca Caldas - Lindeiros

 




CERTAME DE CINE

O noso colexio vén de participar no XIV CERTAME DE CINE OUFF- ESCOLA organizado polo concello de Ourense en colaboración con Política Lingüística da Xunta. 

Non só participamos, que ademais acadamos o 1º premio na catigoría de Primaria.

PARABÉNS!

CAMPIONATO ZONAL CAMPO A TRAVÉS

Lecciones de deportividad

Onte, 11 de outubro, o noso alumnado de 2º a 6º de primaria participou no campionato zonal de campo a través.

Parabéns a Celia, a Irene e a Valentina pola medalla e  diplomas!

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

- Galería de fotos.

CAMPO A TRAVÉS

O mércores 11 de outubro terá lugar unha vez máis o Campo a Través. Será na zona das piscinas da Estrada. E non te esquezas de levar a túa camiseta morada!

Para consultar máis información da normativa e do percorrido pincha no adxunto.

MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA

IMG20230615113410.jpg

Este xoves, 15 de xuño, todo o alumnado do centro viaxou á Coruña para visitar os museos científicos interactivos: Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.

O obxectivo foi ofrecerlles aos nenos e nenas, ademais dunha xornada de convivencia, estímulos e recursos para incorporaren a ciencia á súa cultura e para comprenderen mellor o mundo no que vivimos.

Galería de fotos.

Faro de Vigo.

ATLETISMO EN CUNTIS

IMG-20230529-WA0010.jpg

O venres 25 de maio participamos co alumnado de 5º de primaria nunha xornada deportiva e lúdica relacionada co atletismo e organizada pola Agrupación Deportiva da zona da Estrada e Cuntis no estadio da Ran. Alí gozaron dunha mañá de convivencia e fomento da vida activa.

- Fotos.

- Faro de Vigo.

3ª XORNADA EXCURSIÓN AO GROVE 6º PRIMARIA

IMG-20230524-WA0056.jpg

Terceiro e último día de excursión final de curso.

Tocou snorkel na praia da Mexilloeira pola mañá e tirolina e percorrido aéreo pola tarde. E, para despedirse... escalada.

- Fotos.

2ª XORNADA EXCURSIÓN 6º

IMG-20230523-WA0018.jpg

Na xornada de hoxe continúa o bo tempo.

Pola mañá gozaron de xogos na praia de Raeiros e dun paseo polas rochas para explicar e observar o ecosistema mariño da contorna.

Xa pola tarde, practicaron caiac de mar na praia da Mexilloeira. Aínda que o vento complicaba a remada, demostraron ser uns bos piragüistas.

Como vedes, seguen aproveitando ao máximo a súa estancia no Grove.

- Fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut