O vindeiro martes 15 de outubro, ás 12:00 h, terá lugar na sala de profesorado do centro o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral encargada da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar.
Esta xunta estará integrada pola directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal e un representante do persoal de administración e servizos, designados os tres últimos no devandito sorteo público, no que se preverá a designación de membros suplentes.
No seguinte documento, entregado ao alumnado do centro, tedes máis información: