Queda aprazado ao venres 15 de novembro, polas condicións meteorolóxicas adversas, o campionato de cros que ía ter lugar este martes, 8 de outubro, nas inmediacións das piscinas municipais da Estrada, para o alumnado de 2º a 6º de primaria.
Trátase dunha competición organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en colaboración coas Agrupacións Deportivas Escolares. Está destinada ao alumnado dos centros educativos participantes no programa XOGADE.
A finalidade desta actividade é a dinamización e promoción do deporte escolar mediante a participación inclusiva de todo o alumnado.
Levarase a cabo en horario lectivo, favorecendo así a participación dos escolares.
Tedes máis información no seguinte documento: