Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, ambos os dous incluídos
Procedemento administrativo: ED330B
♦ Forma de presentación de solicitudes:
-
Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica [iniciar].
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e mais a aplicación Autofirma
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro educativo [iniciar].
-
Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.
Horario de Secretaría: de 10:50 a 1:45 h.
As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.
♦ Documentación complementaria:
- Especifícase no artigo 11 da Orde de convocatoria
- NON será necesario xuntar coa solicitude os DNI, NIE, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
- A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática
♦ Máis información:
-
Información na Sede electrónica da Xunta de Galicia
Máis información, no Portal Educativo.
Ollo! As familias do alumnado de 6º de primaria non debedes cumprimentar ningunha documentación ata falardes coa secretaría do IES Nº1. Alí informaranvos de todo e acompañaranvos ao longo de todo o procedemento.
CIRCULAR INFORMATIVA DO CENTRO, repartida a todo o alumnado o 21 de maio.