Segundo a relación definitiva de centros docentes seleccionados en cada programa educativo do Plan Proxecta+ durante o curso escolar 2023/24, o noso centro resultou admitido para participar nos seguintes programas do Plan Proxecta+:
- 01. Nutriescolas.
- 18. ProxectoTERRA.
- Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD).
Tamén estamos incluídos/as na listaxe definitiva de centros seleccionados para participar nos Contratos-Programa Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2023/24. O noso centro foi admitido nas seguintes modalidades:
- 02. IGUÁLA-T
- 03. CONVIVE-T
- 04. INCLÚE-T
- 05. EMOCIÓNA-T