Skip to Content

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

O martes 24 de outubro foi o día das Bibliotecas Escolares. 

Nós para conmemoralo, aproveitamos esta data para a súa inauguración despois da remodelación que houbo o curso pasado.

Durante as semanas previas fixemos un concurso chamado "Blackout Poetry", nesta actividade que consistía en resaltar unhas palabras dunha páxina dun libro vello (así dáselle unha segunda vida) e compoñer unha frase poética; á súa vez fíxose un debuxo relacionado coa frase. Estes foron os gañador@es:

E así quedou a Porta da biblioteca!

 

 

Outra actividade para a inauguración foi: Padriños e Madriñas lectores. Esta actividade que consiste en que os máis veteranos do colexio lle len un conto aos máis pequenos e pequenas. Seguiremos cada mes apadriñando e amadriñando aos máis cativos!



story | by Dr. Radut