Este 20 de outubro celebramos o magosto. Adiantámolo porque quixemos aprobeitar as castañas do noso patio.
Tivemos obradoiros de manualidades: mesturamos o mar co outono, polo que fixemos animaliños mariños con follas secas.
Asamos castañas e logo degustámolas a ritmo de música galega do magosto.
Fixemos xogos populares: zancos, xogos de madeira, sacos, pita cega, lerchas...