Skip to Content

MOSTRA DE TEATRO

A Asociación Cultural Vagalumes, con motivo da conmemoración do aniversario de Olimpio Arca, informa do regreso dunha actividade moi agardada no mundo do ensino e do teatro do noso concello.

Logo da paréntese da pandemia, que impedíu gozar desta arte tan expresiva e liberadora en toda a súa dimensión, volve a Mostra de Teatro Escolar Olimpio Arca Caldas, que cumpre xa a súa quinta edición, e que facilita ao público en xeral o acceso a obras de calidade, ao mesmo tempo que pon en valor o traballo que se está a facer nos diferentes centros neste eido tan relevante da formación do alumnado.

As representacións realizaranse no Teatro Principal os días 29 e 30 de novembro, a partir das 18:30 h, cunha duración aproximada dunha hora. A entrada é libre e gratuíta.

O  noso centro actuará o vindeiro martes 29 de novembro, coa adaptación da obra de Manuel Núñez Singala O achado do castro medieval



story | by Dr. Radut