Skip to Content

25N. CHEA DE VIDA

 
Hoxe celebramos o 25N, o Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, coa canción de Guadi Galego Chea de vida. Porque así é como queremos as mulleres: Cheas de vida! 

MOSTRA TEATRO "OLIMPIO ARCA"

 
Este martes, 26 de novembro, ás 18:30 h no Teatro Principal da Estrada, o alumnado de 2º de primaria participará na VII edición da Mostra de Teatro Olimpio Arca Caldas representando o noso centro coa obra Fermosa.
A entrada é libre e gratuíta.

RESULTADOS CAMPIONATO ZONAL CROS

IMG-20241115-WA0008.jpg

Valentina Campos García, de 4º de primaria, é a deportista clasificada polo noso centro no campionato zonal de cros que se celebrou o pasado día 15 de novembro nas instalacións das piscinas municipais da Estrada.

En hora boa a Valentina e a todos/as os/as participantes!

- Resultados campionato cros zonal A Estrada.

- Fotos.

- Faro de Vigo.

DINOSAUROS NA BIBLIOTECA

Non perdades a última entrada no blog da biblioteca, dedicada á temática do novo proxecto do centro: os dinosauros.

Premede na imaxe para acceder ao artigo.

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.

O blog da biblioteca da profe Laura dedícalle unha entrada a este tema e déixanos un tríptico (que podedes ver mellor premendo nas imaxes) e mais unhas recomendacións lectoras ao redor do tema da ciencia en galego. Tedes todo no seguinte enlace:

-Novembro, mes da ciencia en galego. 

CURSO 24/25

Distribuir contido


by Dr. Radut