Plan Proxecta+
CARREIRA SOLIDARIA “La Vuelta al Cole”
As alumnas e os alumnos do colexio CEIP PLURILINGÜE VILA DE CEE corren para acabar coa leucemia infantil
Este 29 de outubro celebrouse a carreira de “La Vuelta al Cole” no CEIP PLURILINGÜE VILA DE CEE de Cee por unha causa solidaria: a loita contra a leucemia infantil.
O CEIP PLURILINGÜE VILA DE CEE participou con todo o seu alumnado.
A carreira celebrouse este 29 de outubro no patio do colexio do CEIP PLURILINGÜE VILA DE CEE con 5 percorridos diferentes adaptados as diferentes etapas e niveis educativos, participando na 10ª edición de La Vuelta al Cole a carreira escolar solidaria contra a leucemia infantil da fundación Unoentrecienmil.
Esta Fundación dedícase a impulsar proxectos de investigación para encontrar la curación plena de la leucemia infantil, o cáncer máis frecuente en nenos. Impulsando proxectos de investigación relativos a curación plena da leucemia infantil: prevención, protocolos, toxicidade, recaídas e inmunoterapias, entre outros.
A leucemia é o cáncer infantil máis frecuente na idade pediátrica, e gracias a colaboración de miles de colexios con este tipo de actividades conseguen recadar fondos que permitan seguir investigando, porque a investigación salva vidas.
“Poder colaborar con estas iniciativas é unha ocasión única para transmitir os valores de empatía e solidariedade ós escolares dende o noso colexio. Unha carreira onde non hai primeiros nin último postos, é unha carreira onde gañan todos os nenos enfermos de leucemia. E o mesmo tempo que traballamos solidariedade, estamos fomentando entre o noso alumnado hábitos de vida saudables, empregando a carreira e a realización de actividade física como un medio de celebración. Estas medidas forman parte do Plan de Actividades Físicas e Hábitos Saudables do centro que ten como obxectivo principal mellorar a saúde e o benestar do noso alumnado”.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »