PDC-Centros Activos e Saudables
RETOS DE EDUCACIÓN FÍSICA
QUEN DIXO QUE NA CASA NON PODÍAMOS FACER E.F.?
"UN CORPO PARA TODA A VIDA"
Esta semana presentámosvos un proxecto que ten como obxectivo que os alumnos e alumnas adquiran hábitos de vida saudables.
Ten como fin que o alumnado adquira estes contidos, se conciencie da importancia dos mesmos na súa vida cotiá, e cal é a repercusión que teñen na aparición de futuras enfermidades.
Está estruturado en 4 Unidades didácticas (teoría + práctica):
1. Alimentación. 3. A hixiene postural e corporal.
2. A actividade física. 4. Os primeiros auxilios.
Preme na imaxe para comezar a túa aprendizaxe.
O CEIP VICENTE RISCO MÓVESE NA CASA!!
Durante a cuarentena polo Covid 19 é moi importante que os nenos e nenas non deixen de moverse.
O sedentarismo pode ser un dos grandes enimigos cos que combatir estos días. Para evitar iso na web tedes xogos, táboas de exercicios, vídeos,... Ou se non che gustan sempre podes buscar en google táboas de exercicio, bailes, aproveitando os recursos que teñas na casa, podes realizalo en familia e crear un bo hábito.
As recomendacións da OMS son realizar un mínimo de 60 minutos diarios de actividade física, xunto ou dividido ao longo do día en sesións máis cortas de 30 minuto ou 20 minutos, con exercicios activos e aeróbicos.
Neste periodo de confinamiento e sempre a dieta mediterránea e a actividade física son as mellores armas para loitar contra o sedentarismo. Un número excesivo de horas fronte a pantallas de consolas, videoxogos, ordenadores e tablets teñen consecuencias negativas a nivel físico, cognitivo e incluso no ámbito psicolóxico e social.
Ante esta situación excepcional, precisamos buscar alternativas para fomentar a actividade física todos os días en pequenos e maiores.
COMO XA PODEDES SAÍR DA CASA 1 HORIÑA E
DENDE O COLE QUEREMOS EVITAR DITAS CONSECUENCIAS,
PROPOÑÉMOSVOS A SEGUINTE ACTIVIDADE:
Teredes que dende o 1 de maio anotar na táboa que vos deixo ou nun folio, a actividade física que fixestes (saltar a comba, xogar co balón, andar,...) e o tempo que lle adicastes.
Ao final de curso analizaremos todo o que fixemos.
Preme na imaxe para abrir a táboa de anotacións