Skip to Content

TIC

TIC

BO USO DAS TIC

Estas son as nosas normas e recomendacións para facer un bo uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC).

Se entre todos/as respectámolas, todo será máis sinxelo e funcionará mellor!!

 

                                                  1º - 2º - 3º - 4º EDUCACIÓN PRIMARIA                                                   

           

  5º - 6º EDUCACIÓN PRIMARIA  

 

- Non incurrir en calquera outra conducta que poida supoñer unha das faltas recollidas no decreto 8/2015, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar nos centros docentes da Comunidade de Galicia e nas normas do centro.

* Calquera incumprimento dalgún punto dos anteriores poderá ser sancionable polo titor/a, por algún outro profesor/a que imparta clase nese grupo ou polo equipo directivo.

 

O canle VIMEO do cole

Acceso ao canle VIMEO do cole:

https://vimeo.com/user62609985

 

Abalar móbil para as familias

 
  

Que é AbalarMóbil? 

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil.

É unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia. 

Para que podo usar AbalarMóbil?

Premendo na seguinte ligazón podedes ver un vídeo sobre as funcionalidades da aplicación pero aquí vos deixamos as máis relevantes:

  • Acceder aos datos persoais.
  • Consultar as cualificacións.
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia.
  • Solicitar unha cita de titoría.
  • Mensaxería.
  • Consultar os datos do centro educativo.
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.

Onde o podo instalar?

Pode instalarse no teléfono móbil ou nunha tablet. A descarga desta aplicación faise dende Apple Store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 

Os dispositivos Huawei teñen que poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros (881997701) para que lles faciliten o enlace de descarga específico.

Cómo o instalo?

Nesta ligazón hai un vídeo explicativo pero os pasos a seguir serían:

  1. Buscar en Play Store ou Apple Store "Abalarmobil".
  2. Instalar a app no dispositivo.
  3. Ao abrir a app pide un número de teléfono móbil para rexistrarnos (debe ser o mesmo que se facilitou na administración do centro no momento da matrícula do alumnado).
  4. Aceptar as condicións de uso (para iso hai que baixar a páxina enteira que se abre no navegador do móbil).
  5. Chegará un SMS cun código de 9 díxitos que hai que engadir na app para confirmar o número de teléfono.
  6. Crear o contrasinal que se empregará para acceder á aplicación (hai que repetilo dúas veces).
  7. Premer en continuar e listo!

Cales son os requisitos do contrasinal?

  • Mínimo 8 caracteres.
  • Polo menos unha maiúscula, unha minúscula e un número.
  • Non coincidir coas últimas 5 contrasinais anteriores (debe ser distinta en 3 caracteres como mínimo)
  • Non pode estar composto polo DNI nin o nome ou apelidos do propio usuario.

E se me da erro?

Aquí vos deixamos a ligazón ao Formulario de incidencias y consultas (familias)

 

Outros enlaces de interese 

 
 
 
Calquera pregunta non dúbidedes en poñervos en contacto có centro para que vos axudemos!

Espazo Abalar

Acceso ao espazoAbalar:

- servizos dixitais educativos 

- E-dixgal

- repositorio de contidos educativos

- etc

espazoAbalar - Inicio

AS TIC NA CASA

As Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) son unha importante peza da nosa realidade social e educativa. Poden ser moi positivas para a aprendizaxe dos nenos/as xa que permiten adquirir habilidades tecnolóxicas que precisarán no seu futuro. Polo tanto é importante dar a coñecer aos nosos fillos/as que son moitas as vantaxes das TIC, pero que tamén teñen os seu inconvenientes e perigos.

 

Aquí están as normas e recomendacións para facer un bo uso das TIC no cole polos nenos/as.

 

A continuación móstranse unhas recomendacións de bo uso responsable das TIC cos teus fillos/as.

- Un mal uso das TIC pode xerar problemas físicos (incorrectas posicións corporais, dor de costas, fatiga ocular, problemas musculares e articulares derivados do exceso de sedentarismo...), problemas académicos (trastornos do soño, déficit de atención, menor concentración ou rendemento escolar,...) e psicolóxicos (illamento dos amigos, perda de interese por outras actividades, adicción, consumismo innecesario, falsa información...)

- Controlar e limitar o tempo que se conectan a calquera dispositivo dixital tendo en conta o número de horas e días de uso de conexión para evitar posibles problemas.

-  Acordar unhas normas de uso cos nenos/as, establecendo e facendo un horario de uso para que se conecten só durante un tempo determinado, sempre durante o día e non pola noite. Marcar e separar os tempos dedicados para as tarefas escolares, para o ocio e para o ocio dixital.

- Controlar a navegación por internet de forma segura, accedendo só a contidos aptos para a súa idade.

- Ter o ordenador nunha zona común e visible para facilitar a supervisión do seu tempo de utilización e a revisión das web que visita evitando que os nenos/as usen internet sós.

- Utilizar filtros de control de acceso á rede e programas de control parental, cos que se evitará que os nenos/as podan acceder a páxinas de contido inapropiado.

- Explicarlles o que está ben e o que está mal é o mesmo no mundo virtual e no real.

- Débese ensinar o respecto aos demais e ser sempre educado no uso dos medios dixitais como menxasería, chats, etc. Non se debe facer burla, humillar, insultar, ameazar, chantaxear facer comentarios violentos ou discriminatorios,  nin mandar fotos ou vídeos desagradables a través de ningún medio dixital ou rede social. Estas accións poden ter serias repercusións sociais e emocionais para quen o sofre, e repercusións legais para quen o realiza.

- Concienciar de non dar datos persoais nin ningunha información persoal a outra persoa sen o permiso dos teus profesores/as ou padres/nais, sobretodo se esa persoa é descoñecida. Ter coidado cos datos que se comparten nos chat, redes sociais ou por email (imaxes, datos, números de teléfono...)

- Ensinar a ter coidado cos contidos que se soben a internet. O valor da privacidade propia e dos demais é  moi importante xa que o que se sobe á internet pódese modificar ou compartir por outras persoas e pode permanecer alí para sempre.

- Ensinar aos nenos/as a pedir axuda a unha persoa maior cando  algo non lles guste, non sepan que facer ante o que está o ocorrer ou sintan que algo estraño estalle a suceder.

- Ensinar aos nenos/as que non hai que crerse todo o que se ve ou lee en internet.

- Aprender a manexar os dispositivos dixitais para poder compartir experiencias cos nenos/as falando sobre o uso de calquera ferramenta dixital e incluso compartindo o seu uso con eles/as.

Distribuir contenido


by Dr. Radut