Skip to Content

Abalar móbil para as familias

 
  

Que é AbalarMóbil? 

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil.

É unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia. 

Para que podo usar AbalarMóbil?

Premendo na seguinte ligazón podedes ver un vídeo sobre as funcionalidades da aplicación pero aquí vos deixamos as máis relevantes:

  • Acceder aos datos persoais.
  • Consultar as cualificacións.
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia.
  • Solicitar unha cita de titoría.
  • Mensaxería.
  • Consultar os datos do centro educativo.
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.

Onde o podo instalar?

Pode instalarse no teléfono móbil ou nunha tablet. A descarga desta aplicación faise dende Apple Store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 

Os dispositivos Huawei teñen que poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros (881997701) para que lles faciliten o enlace de descarga específico.

Cómo o instalo?

Nesta ligazón hai un vídeo explicativo pero os pasos a seguir serían:

  1. Buscar en Play Store ou Apple Store "Abalarmobil".
  2. Instalar a app no dispositivo.
  3. Ao abrir a app pide un número de teléfono móbil para rexistrarnos (debe ser o mesmo que se facilitou na administración do centro no momento da matrícula do alumnado).
  4. Aceptar as condicións de uso (para iso hai que baixar a páxina enteira que se abre no navegador do móbil).
  5. Chegará un SMS cun código de 9 díxitos que hai que engadir na app para confirmar o número de teléfono.
  6. Crear o contrasinal que se empregará para acceder á aplicación (hai que repetilo dúas veces).
  7. Premer en continuar e listo!

Cales son os requisitos do contrasinal?

  • Mínimo 8 caracteres.
  • Polo menos unha maiúscula, unha minúscula e un número.
  • Non coincidir coas últimas 5 contrasinais anteriores (debe ser distinta en 3 caracteres como mínimo)
  • Non pode estar composto polo DNI nin o nome ou apelidos do propio usuario.

E se me da erro?

Aquí vos deixamos a ligazón ao Formulario de incidencias y consultas (familias)

 

Outros enlaces de interese 

 
 
 
Calquera pregunta non dúbidedes en poñervos en contacto có centro para que vos axudemos!


page | by Dr. Radut