Skip to Content

Comedor e transporte

Listaxes provisionais comedor escolar

Hoxe, venres 5 de xullo, publicáronse no taboleiro do centro as listaxes provisionais de admitidos e excluidos no comedor escolar para o curso 2024/2025.

Qué casuísticas están na listaxe de excluidos e quedan pendentes para a adxudicación definitiva?

  • As familias pendentes de entrega de documentación ou de pago de taxas.
  • Novas solicitudes que marcan "Outro alumnado do centro" (e non eran persoas usuarias do comedor escolar).
  • Solicitudes que cambiaron o criterio de admisión respecto ao curso 2023/2024 e agora marcan "Outro alumnado do centro".

E se quero reclamar?

O prazo de reclamacións abrangue dende o luns 8 de xullo ata o venres 12 de xullo (ambos incluidos). Estas presentaranse por escrito na administración do centro en horario de 10 a 13h ou por correo electrónico a administracion.ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal

Cando saen as listaxes definitivas?

A listaxe definitiva publicarase ao remate do prazo de reclamacións.

E qué ocorre coa autodeclaración?

As persoas que aparecen admitidas na listaxe provisional xa poden presentar a autodeclaración (hai que cubrila cós datos fiscais de 2023), imprescindible para axustar os pagos do comedor escolar.

A data límite para a entrega da autodeclaración é o 1 de setembro. Pode entregarse presencial (ata o 19 de xullo, en horario de 10 a 13h) ou por correo electrónico en administracion.ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal

E se quero colaborar no comedor?

Continúa aberto o prazo para solicitar colaborar no comedor escolar. É necesario cubrir o impreso e entregalo en Administración presencialmente (de 10 a 13h) ou por correo electrónico.

Comedor e transporte 2024/2025

Hoxe abre o prazo para solicitar os servizos complementarios de comedor e transporte escolar para o vindeiro curso. Tamén abre o prazo para solicitar colaborar no comedor.

Qué documentación teño que entregar?

  • Solicitude de transporte e/ou comedor.
  • Documentación que acredite o criterio alegado para o comedor, se é o caso (indicada na solicitude).

E o anexo de autodeclaración para o comedor?

Todo o alumnado admitido no comedor que queira optar ao pago reducido das taxas do comedor debe entregar o anexo de Autodeclaración cós datos da Renda 2023. Facilitarase en canto o publique a Consellería.

Onde entrego a documentación?

Na administración do centro no horario:

    luns a venres: 9:30 - 11:00h e 12:30 - 14:00h 

    luns: 15 - 17h

Qué prazo teño para facer a solicitude?

  • Alumnado xa matriculado no centro: antes do 20 de xuño.
  • Novo alumnado: do 20 ao 30 de xuño (ao facer a matrícula).

E se quero colaborar no comedor?

Hai que cubrir o impreso correspondente e entregalo cuberto en Administración. Valorarase positivamente ter o curso de hixiene e manipulación de alimentos.

Información sobre o procedemento

  

Para dúbidas e consultas:

             luns a venres: 9:30 - 11:00h e 12:30 - 14:00h 

             luns: 15 - 17h

Listaxe definitiva de admitidos e excluídos no comedor para o curso 23-24

Informámolas de que se atopa publicada a listaxe definitiva de admitidos e excluídos no comedor para o curso 23-24.

A listaxe pode consultarse no taboleiro que está no interior do centro de 10.00h a 13.00 h ou no teléfono 881 880 446.

Asemade, as persoas que aparecen admitidas na listaxe definitiva xa poden presentar a autodeclaración, poden descargar o modelo da páxina web ou solicitalo na conserxería do centro.

O centro permanecerá pechado dende o día 26 de xullo ata o 1 de setembro polo que a autodeclaración ten que entregarse cuberta por correo electrónico a administracion.ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal

A data límite para a entrega da autodeclaración é o 1 de setembro. 

Listaxe provisional de admitidos e excluídos no comedor para o curso 23-24

Informámolas de que se atopa publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos no comedor para o curso 23-24.

A listaxe pode consultarse no taboleiro que está no interior do centro de 9.00h a 14.00 h ou no teléfono 881880446.

O prazo de reclamacións abrangue desde mañá, venres 14 de xullo ata o xoves 20 de xullo, ambos incluídos. As reclamacións presentaranse por escrito na administración do centro en horario de 10.00 h a 13.00 h, non é preciso pedir cita.

A listaxe definitiva publicarase ao rematar o prazo de reclamacións. Asemade, as persoas que aparecen admitidas na listaxe provisional xa poden presentar a autodeclaración, poden descargar o modelo da páxina web ou solicitalo na conserxería do centro.

A data límite para a entrega da autodeclaración é o 1 de setembro. A autodeclaración pode entregarse cuberta por correo electrónico a administracion.ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal.

 

O alumnado excluído queda pendente da presentación de documentación ou pago de taxas.

As familias que marcaron o criterio “Outro alumnado do centro” na solicitude quedan pendentes para a adxudicación definitiva.

Anexo IVAnexo IV

Listaxe definitiva de admitidos e de agarda no comedor para o curso 22-23

Informámolas de que se atopa publicada a listaxe definitiva de admitidos e a listaxe de agarda no comedor para o curso 22-23.

A listaxe pode consultarse no taboleiro que está no interior do centro de 9.30h a 14.30h ou nos teléfonos 881880446/881880447.

O centro ten solicitado un incremento de prazas para que, o alumnado que se atopa na listaxe de agarda e ten xustificado documentalmente a incompatibilidade horaria dos seus proxenitores, poida opter unha praza. No momento en que teñamos resposta da Consellería poñerémonos en contacto con ditas familias. A esta listaxe de admitidos de agarda pódese presentar recuso de alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería.

Asemade, as persoas que aparecen admitidas deben presentar a autodeclaración antes do día 7 de setembro e poden descargar o modelo da páxina web ou solicitalo na conserxería do centro. 

Listaxe provisional de admitidos e excluídos no comedor para o curso 22-23.

Informámolas de que se atopa publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos no comedor para o curso 22-23.

A listaxe pode consultarse no taboleiro que está no interior do centro de 9.00h a 14.00 h ou nos teléfonos 881880446/881880447.

O prazo de reclamacións abrangue desde mañá, venres 15 de xullo ata o xoves 21 de xullo, ambos incluídos. As reclamacións presentaranse por escrito na administración do centro en horario de 10.00 h a 13.00 h, non é preciso pedir cita.

A listaxe definitiva publicarase nos primeiros días de setembro. Asemade, as persoas que aparecen admitidas xa poden presentar a autodeclaración, poden descargar o modelo da páxina web ou solicitalo na conserxería do centro. A data límite para a entrega da autodeclaración é o 7 de setembro. 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E AGARDA NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022

Xa se atopa publicada no centro a Listaxe definitiva de admitidos e agarda no comedor escolar para o curso 2021/2022.

Aquelas persoas que non entregaron a autodeclaración de comedor, teñen de prazo ata o día 9 de setembro.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022

Atópase publicada no centro a Listaxe Provisional de admitidos e excluídos no comedor escolar para o curso 2021/2022.

Aquel alumnado que estea admitido provisionalmente pode facer xa entrega da autodeclaración de comedor. Esta entrega pode realizarse ata o 9 de setembro, ben por correo electrónico ou na administración do centro, de 9:30 a 12:30h.

O prazo de reclamacións abrangue dende o 16 ata o 22 de xullo (ambos incluídos)

Solicitude de comedor e transporte escolar para o curso 2021-2022

Abríuse o prazo de solicitude dos servizos de  comedor e transporte. O prazo de presentación de solucitudes remata o día 30 de abril.

Dispoñen dos impresos nesta mesma páxina web.

Distribuir contenido


by Dr. Radut