Hoxe abre o prazo para solicitar os servizos complementarios de comedor e transporte escolar para o vindeiro curso. Tamén abre o prazo para solicitar colaborar no comedor.
Qué documentación teño que entregar?
- Solicitude de transporte e/ou comedor.
- Documentación que acredite o criterio alegado para o comedor, se é o caso (indicada na solicitude).
E o anexo de autodeclaración para o comedor?
Todo o alumnado admitido no comedor que queira optar ao pago reducido das taxas do comedor debe entregar o anexo de Autodeclaración cós datos da Renda 2023. Facilitarase en canto o publique a Consellería.
Onde entrego a documentación?
Na administración do centro no horario:
luns a venres: 9:30 - 11:00h e 12:30 - 14:00h
luns: 15 - 17h
Qué prazo teño para facer a solicitude?
- Alumnado xa matriculado no centro: antes do 20 de xuño.
- Novo alumnado: do 20 ao 30 de xuño (ao facer a matrícula).
E se quero colaborar no comedor?
Hai que cubrir o impreso correspondente e entregalo cuberto en Administración. Valorarase positivamente ter o curso de hixiene e manipulación de alimentos.
Información sobre o procedemento
Para dúbidas e consultas:
- Teléfono 881 880 447.
- Correo electrónico: administracion.ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal
- Presencialmente en administración no horario:
luns a venres: 9:30 - 11:00h e 12:30 - 14:00h
luns: 15 - 17h
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude transporte.pdf | 259.33 KB |
Solicitude comedor.pdf | 186.78 KB |
Solicitude colaboración no comedor.pdf | 197.38 KB |