Skip to Content

Actividades de centro

Gracias, Lucía Ugarte

O pasado venres tivemos o placer de recibir na nosa biblioteca a autora local Lucía Ugarte. Puidemos entrevistala na radio e tamén nos dou unha charla para explicarnos moitas cousas da súa obra "Océanos de luz" e responder as nosas preguntas. Aquí vos deixamos unhas fotos desta sesión e o enlace para poder escoitar a entrevista. 

Moitísimas gracias, Lucía!

 

 

 

 

24 de outubro. Día das Bibliotecas

Este 24 de outubro, no que se celebra o Día das Bibliotecas, tivemos unha gran sorpresa no cole. Ao chegar ao centro, no vestíbulo, atopamos unha maleta moi chula con moitos libros no seu interior e ao seu redor. Poidemos botarlle un ollo e vimos algúns títulos como "Visitando el museo", "Mi libro de arte" ou "Carmen Amaya". 

Ao voltar do recreo, atopámonos con outra sorpresa: Pingüi, quen está recorrendo moitas cidades do planeta camiñando, enviounos un vídeo. Díxonos que estaba descubrindo cousas marabillosas e que quería compartilas con nós. Por iso, propúxonos un reto: tivemos que buscar nas aulas unha letra escondida e levala ao vestíbulo para que, os maiores do cole as xuntaran e así poder descubrir a frase escondida. Esta frase resultou ser o título que nos propón Pingüi para o proxecto documental integrado (PDI) deste curso escolar, sobre o que teremos que investigar.

No caso de Educación Infantil, tivemos que buscar as distintas pezas que formaban parte dun qrebacabezas coa imaxe de Pingüi cheo de cousas. Por que tería todas esas cousas colgadas e agarradas?

 Finalmente, puidemos descubrir o título do PDI que levaremos a cabo este ano: "CON OLLOS DE ARTISTA".

Agora tócanos comezar a investigar e a descubrir o mundo cunha nova mirada... Con ollos de artista!

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS de Nerea Paz

14 de outubro. Día das escritoras

O pasado 14 de outubro celebrouse o día das escritoras. Nós, baseándonos e inspirándonos na obra da autora local Lucía Ugarte, quixemos dedicarlle uns versos a distintas escritoras que coñecemos. Aquí podedes ver algunhas fotografías da exposición destes traballos.

 

14 de outubro Día das escritoras de Nerea Paz

Graduación 6º EP - 2024

Emotiva despedida aos nosos maoires do cole. Desexámosvos o mellor no voso futuro.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Graduación 6º EP 2024

Eu colaboro no meu cole

Así da gusto vir ao cole, aprendemos mates, lingua,... e tamén a ser persoas colaborando no bo funcionamento e convivencia do centro.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Colaboradores 23-24

Xornadas do PDI: Tod@s temos unha historia que contar

Para os que non puidéchedes vir as portas abertas e para todos...aquí deixámosvos unha pequena mostra da grandísima labor realizada durante o curso 2023-24 polo noso alumnado e profesorado. Gracias a todas elas e eles e tamén as familias que son o principal apoio.

Álbum: Curso 2023/2024 -> xornadas PDI: Tod@s temos unha historia que contar

Xornadas do PDI

Este curso 2023/2024 traballamos có PDI "Todos e todas temos unha historia que contar" e, o próximo xoves 30 de maio pola tarde teremos unha xornada de portas abertas á que estades todas e todos invitados! Deixámosvos o cartel coa información e, se pasades a páxina, poderedes ver tamén o mapa da exposición e os títulos dos traballos que se van a presentar nela!

Esperámovos!

 

Cartel festa do pan 2024

Esta semana as nenas e nenos de 2ºA de Educación Primaria recibiron a noticia de que foron os gañadores do Concurso dos carteis para a XX Festa do Pan 2024 do Concello de Carral. 

Agradecer o resto de aulas e de cativas e cativos que tamén participaron na actividade!

CARTEIS FESTA DO PAN 2024 de CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel

Consello da Infancia

A semana pasada tivemos reunión do Consello da Infancia para poder tratar diferentes temas que tiñamos pendentes, entre eles falamos de cousas como a festa de fin de curso, a xestión dos xogos do patio... Ademais, nesta sesión eleximos o logo que representará o noso Consello da Infancia. Para isto cada aula levou algunha proposta e entre as nenas e nenos representantes votamos e eleximos o noso logo gañador.

 

Estes foron todos os logos participantes:

 

 

E, finalmente o logo máis votado foi o da aula de 1ºB de Educación Primaria!!!

 

 

 

Ademais, modificamos e aprobamos os estatutos que publicaremos proximamente e tomamos decisións que remataremos de perfilar o próximo mes!

O noso xornal "Todos e todas contamos"

Para conmemorar a Semana da Prensa (do 4 ao 8 de marzo) o equipo de Biblioteca e o equipo TIC propuxemos a elaboración dun xornal dixital con diferentes seccións (noticias, axenda cultural, recomendacións lectoras...) relacionado coa temática do noso PDI "Todas e todos temos unha historia que contar". 

Animámosvos a que o vexades!!

8 de marzo - Día internacional da muller

Hoxe, 8 de marzo, conmemórase o día internacional da muller e, dende as aulas, traballamos con cartelería reivindicativa. Partindo de consignas sinxelas e moita reflexión, cada grupo fixo o seu cartel partindo das inquedanzas e necesidades da aula e traballando aspectos tan relevantes coma a igualdade, os dereitos das mulleres...

Realizamos unha exposición dos cartaces na entrada do cole e un programa especial de radio onde o alumnado puxo voz aos lemas.

 

Ademais, aínda que podedes ver a exposición de todos os carteis na entrada do centro, creamos un pequeno vídeo onde poder ver cada cartel con mais detalle.

video8M-2024

 

Por outra banda, un grupo de alumnado de 6º acudiu ao acto realizado no Concello de Carral onde asistiron ao pleno, á entrega de premios 8 de marzo e partiparon cun manifesto que crearon especialmente para a ocasión.

 

 

 

Manifesto 8M Pleno Concello Carral de CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel

ENTROIDO 2024

Neste entroido traemos historias que contar saídas dos contos: Corre, corre cabaciña; 101 Dálmatas; A cebra Camila; A que sabe a Lúa e moitos máis!!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Entroido 2024

50 anos festexando xuntos!

Estimadas familias, 

Hoxe festexamos internamente os 50 anos de funcionamento do centro. A pequena exposición e o mural feito polo mestre Carlos poderedes pasar a velo a partir do 8 de enero, día que comezaremos o 2º trimestre.

Dende o claustro queremos desexarvos felices festas e que disfrutedes moito do tempo en familia!

 

 

Dar ás gracias, novamente, a todas aquelas persoas que puideron estar hoxe connosco!

Vémonos o 8 de xaneiro do 2024!

Álbum: Curso 2023/2024 -> 50 aniversario CEIPP VOV
Distribuir contenido


by Dr. Radut