Skip to Content

CONTACONTOS SOBRE IGUALDADE

Raquel Queizás amenizounos a mañá aos nenos de 1º e 2º cos seus contos sobre igualdade. Pasamos un rato moi divertido escoitando, participando e ata colaborando como actores e actrices. 

Contacontos de Igualdade from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Felicitacións ás familias:

O Equipo directivo, máis o claustro de mestres do CEIP Vicente Otero Valcárcel, desexan unha feliz despedida de ano e un Próspero ano 2020 a toda a Comunidade Educativa e Concello de Carral.

A dirección.

DÍAS DE NADAL

Para rematar este trimestre: recibimos as notas, comemos chocolate con churros, visitounos o Apalpador, paticipamos no terceiro día de Paralimpíadas e ata desfrutamos dun pequeno concerto. Aquí vos deixamos unhas imaxes.  Boas e merecidas vacacións para todos e todas!

Actividades do último día de curso. from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

CONCURSO PARALÍMPICO

Xeniais os traballos dos nenos e nenas do cole en banda deseñada. Foi moi difícil elixir uns gañadores, sodes todos uns artistas, de verdade! Aquí vos deixamos a mostra. 

Nota informativa ás familias:

Infórmase que as actividades extraescolares de estudo e biblioteca comenzarán a partires do mércores día 8 de xaneiro.

As familias usuarias deberán pasar por conserxería para anotar ao alumnado .

As familias con alumnado participante na actividade de "Club de ciencia",  serán avisadas e convocadas a unha  reunión previa ao comenzo da actividade.

Nota informativa ás familias:

Grazas a xestión da Concellería de Educación do noso Concello de Carral,  o tan prezado Apalpador pasará polo colexio o día 20 de decembro para recoller os desexos de toda a Comunidade Educativa.

 

3 DE DECEMBRO E PARAOLIMPIADAS

Este mes de Decembro presentamos o Proxecto Documental Integrado ao alumnado que este ano se titula: LEO POR DEPORTE e que vai unido á celebración dos Xogos Olímpicos de XAPÓN 2020. Aproveitamos o tema para relacionalo co Día das Persoas con Diversidade Funcional e as paraolimpiadas. Dende os diferentes equipos do centro porpuxéronse varias actividades: as visitas de expertos, o concurso de banda deseñada e a celebración das nosas propias paraolimpiadas. Así vivimos este ano o Nadal no centro, poñéndonos na pel das persoas con discapacidade e desenvolvendo a empatía, a solidariedade e a equidade, valores que se magnifican nestas datas. Velaquí unhas imaxes dos diferentes momentos. Moi bo e especial Nadal para todos e todas! 

3 DE DECEMBRO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Paraolimpiadas parte I from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Paraolimpiadas parte II from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

TALLER PARA FAMILIAS

PRESENTACIÓN DO TALLER PARA FAMILIAS

“Como desenvolver a intelixencia emocional n@s nen@s”

O vindeiro xoves 19 de decembro queremos convidarte como nai/pai ou titor/a á presentación deste taller para familias que se desenvolve no marco do programa “Educando en Valores” impulsado polo Departamento de Servizos Sociais do Concello.   Este celebrarase na aula de psicomotricidade do CEIP Vicente Otero Valcárcel, en horario de 17:00 a 19:00.

Os contidos a abordar nesta reunión serán:

-         

Presentación do traballo que se realizará nas aulas co alumnado no marco do programa Educando en valores

-         

¿Que é a educación emocional e por que é importante?

-         

¿Como podo axudar aos/ás nenos/as a desenvolver as súas competencias emocionais?

Imprescindible reservar praza canto antes no Departamento de Orientación do CEIP Vicente Otero Valcarcel.

VISITA ALEX VIDAL

Esta mañá tivemos a gran sorte de contar coa visita de Alex Vidal, campeón do mundo de taekwondo paralímpico. Foi moi interesante coñecer cómo se adentrou no mundo do deporte e cómo desenvolve a súa vida. Contounos anécdotas curiosas e tamén permitiunos facerlle preguntas que nos xurdiron estes días despois de estar informándonos sobre a súa carreira. Moitas grazas pola visita Alex, e ata pronto!

 

https://www.youtube.com/watch?v=cpxeFA6-ySc

 

 

LEO POR DEPORTE: PARAOLIMPÍADAS.

Comezamos o Proxecto Documental Integrado do Centro adicado este ano ás OLIMPIADAS e que leva por título "LEO POR DEPORTE" celebrando unhas paraolimpíadas un pouco especiais. A mascota da biblio enviou ás clases libros e películas relacionadas coa atención á diversidade e a inclusión educativa xa que o Día 3 de Decembro se conmemora o Día das Pesoas con Diversidade Funcional. Aquí vos deixamos unhas imaxes destes momentos e as súas cartas:  

 

Mensaxe de Pingüi from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

 

Convocamos tamén un novo concurso de BANDA DESEÑADA, animádevos a participar! 

O resultado final desta actividade poderédelo ver nunha nova entrada. 

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras de Infantil, tamén as de 3º de Primaria, abandoaron a biblioteca para ir e vir ás casas. No seguinte vídeo podedes ver unhas imaxes da entrega en EI e a mensaxe de Pingüi por se queredes volver a oíla. Non sabedes a ilusión que lle fixo deixarvos estas palabras! El é feliz lendo, pero sobre todo, vendo como os nenos e nenas levan e len os seus libros. Esperamos que as desfrutedes amiguiños e amiguiñas!

DÍAS DE SAMAÍN

No CEIP Vicente Otero Valcárcel celebramos o Samaín con merendas terroríficas, concursos de debuxos e contos arrepiantes en galego, lecturas sobre esta celebración e visionado de vídeos, música de "Uxía Lambona e a Banda Molona" e decoracións. Aquí vos deixamos algunhas imaxes. 

Merendas terroríficas en EI from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

O noso cole en Samaín from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Nota informativa ás familias: celebración do Samaín.

Infórmase que por celebración do Samaín, mañá día 30 de outubro o alumnado pode acudir ao centro disfrazado.

Evitar vir coa cara cuberta (caretas...) e levando complementos do disfraz "belicos".

Nota informativa ás familias do alumnado participante na semana STEM:

Convócaselles  á unha reunión informativa o día 30 de outubro ás 16:00 horas na aula 202 (6º A).

Neste arquivo adxunto poden consultar toda a información referente á actividade.

Distribuir contenido


by Dr. Radut