Skip to Content

Nota informativa

PROPOSTA DE ACTIVIDADES A REALIZAR DURANTE A SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA (MES DE MAIO).

 

Aviso ás familias:

Lémbrase a toda a Comunidade Educativa que mañana día 1 e o luns 4 de maio non son días lectivos.

A dirección.

 

Información ás familias

Hoxe comeza o reparto de material do alumnado dende 6º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria. Será en horario de mañá e terá lugar ao longo dos próximos dias. Irá Iván, o conserxe, repartindo polas vivendas. 

 

Prégase manteñan as medidas de seguridade.

 

Grazas.

Nota informativa:

PROPOSTA DE ACTIVIDADES A REALIZAR DURANTE A SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA.

 

 

CONCURSO DE DIARIOS

Dende o EDLG presentannos este concurso de diarios que se vai levar a cabo co IES de Carral. As bases figuran no arquivo adxunto. 

Para calquera dúbida ou consulta podedes enviar un email ao correo javier.gayoso@edu.xunta.es

 

Animádevos a participar!

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Chegou o Día lo Libro, este ano un pouco especial, como especial son as vosas fotos cos contos que máis vos gustan. Aquí está o resultado final. Búscate e se non te atopas envíanos un correo a bibliosbardoscarral@gmail.com,  rectificamos e subimos un novo vídeo incluíndo a túa foto. Pedímosvos perdón de antemán se se nos pasou, non foi a nosa intención.

DÍA DO LIBRO 2020 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Ademais a profe de 3 anos de EI Jéssica ensínanos este conto que lle fixeron a Pingüi entre todos e todas. Está contentísimo! Fíxolle moitísima ilusión. Grazas!

ÁNIMO!

O alumnado e profesorado de 6º de EP quere compartir con todos vós este vídeo que fixeron e que pretende dar ánimos para levar mellor esta cuarentena: deporte, xogos, tecnoloxía, familia, cociña e moooitos libros acompáñannos estes días. #undíamáiséundíamenos #euquedonacasa #ánimo #xaquedamenos 

6ºABCQuedanNaCasa from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Hoxe máis que nunca recórdannos estas iniciativas ao lema deste ano de Bibliotecas Esolares "VIVEIROS DE CIDADANÍA". Parabéns rapaces e rapazas! Sodes un orgullo de cidadáns responsables e comprometidos.  Grazas polas vosas palabras de parte de toda a comunidade educativa. 

Información ás familias:

1º. Segundo o comunicado da Consellería de Educación do hoxe 13 de abril, manterase a docencia non presencial.

No Portal Educativo da Consellería de Educación atoparán o texto completo.

2º. Pregamos a aquelas familias que teñan dificultades para a realización das tarefas escolares, póñanse en contacto coa súa titora e así buscar unha solución.

 

En canto dispoñamos  de novas instruccións serán informados puntualmente.

A dirección.

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Os mestres e persoal non docente do CEIP Vicente Otero Valcárcel queren ensinarvos os seus libros favoritos e ademais darvos moitos ánimos e mandarvos moitos bicos!

A verdade é que os contos están sendo estes días uns dos nosos mellores amigos, sempre están dispostos a ofrecernos estupendos momentos de diversión, imaxinación e entretemento e en moitos fogares están axudando a moita xente a levar mellor o confinamento. Por iso pensamos en facerlles a súa pequena homenaxe. Queredes participar?  ANIMÁDEVOS E MANDÁDENOS AS FOTOS DOS VOSOS LIBROS FAVORITOS PARA MONTAR UN VÍDEO COMO ESTE, tedes ata o 20 de abril de prazo. Temos unhas pouquiñas pero gustarianos ter moitas máis e é que Pingüi está ansioso por vervos, bótavos moito de menos!  Enviádeas ao correo da biblio: bibliosbardoscarral@gmail.com 

BOAS LECTURAS!

Equipo de Biblioteca. 

2 DE ABRIL from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

ÁNIMO!

Por iniciativa dunha das mamás das aulas de 2º (Omayra) algúns dos nenos e nenas destas clases gravaron estas mensaxes que pretenden dar ánimos a toda a comunidade educativa.  Forzas, alento e bicos a moreas nestes momentos de estar separados. Volveremos a xuntarnos!

Información ás familias:

Mañá venres día 3 de abril, as notas da 2ª avaliación estarán dispoñibles a partires das 10:00 horas dende a plataforma abalarmóbil.

Para aqueles que aínda non dispoñan da aplicación abalarMóbil, poden picar no seguinte enlace onde se lles facilita un titorial de descarga.

 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar

Nota ás familias:

ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros...

No documento adxunto atoparán o texto completo.

Todos os beneficiarios incluídos nesta Orde recibirán ao longo desta semana, unha chamada teléfonica do equipo directivo para xestionar dita axuda.

 

A dirección.

Nota informativa ás familias:

O CEIP Vicente Otero Valcárcel en nome de toda a  Comunidade educativa, donou como aportación solidaria nesta difícil crise do COVI-19, a través do Concello de Carral, o seguinte material: 3000 unidades de luvas de nitrilo, e uns 60 litros, entre xel desinfectante de mans, xabón de mans, xabón desinfectante de limpeza xeral e lexivia.

A dirección.

Proposta de actividades

Animámosvos a visitar a web da biblioteca xa que publicarán diferentes propostas todos os días para realizar dende a casa.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvicenteotero/blogbiblioteca

 

Tamén dende o equipo TIC presentannos o portal symbaloo que estiveron elaborando. É un web que recolle difetentes tipos de ligazóns relacionadas cunha temática, neste caso dirixidos á aprendizaxe das distintas áreas educativas como: linguas, matemáticas, ciencias, especialidades...Non está pensado para usar dende un dispositivo móbil, mellor usar dende un ordenador, e a poder ser, utilizar dende o buscador internet explorer.

https://www.symbaloo.com/mix/carraleducacioninfantil1

 

 

Actualización nota informativa ás familias:

Infórmase que segundo as novas instruccións en relación co COVI-19 hai modificacións nas datas do proceso de admisión do alumnado: quedam ampliados os prazos ata unha semana despois do reinicio das clases.

 

Para máis información, no portal educativo da Consellería de educación da Xunta Galicia dispoñen do texto completo.

 

Ante unha emerxencia, e en horario de atención ao público  (9:30-11:30 horas) poden contactar co número seguinte: 698 130 373.

 

A dirección.

Distribuir contenido


by Dr. Radut