O 1 de marzo comeza o prazo para poder solicitar praza no colexio para o curso 2024/2025.
Quen ten que facer a solicitude de admisión?
As familias que queiran que a súa filla/o comece na escola en setembro de 2024.
Cómo se realiza a solicitude de admisión?
- De xeito manual empregando o formulario en papel. O formulario está dispoñible nos seguintes enlaces: castellano, galego e presencialmente no centro (conserxería e administración).
- De xeito telemático, a través da aplicación de admisionalumnado no menú Solicitudes > Admisión > Crear. O procedemento depende de se a solicitude se cobre estando identificado ou non xa que no caso de estar identificado aparecerá a opción de presentar e asinar a solicitude por Sede Electrónica.
Cómo e onde se presentan as solicitudes?
Preferentemente pola Sede Electrónica (con chave365 ou certificado dixital) pero tamén é posible facelo presencialmente no centro solicitado coma primeira opción ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.
De facelo de xeito presencial ten que estar debidamente asinado e hai que adxuntar copia do libro de familia e, de ser o caso, copia da sentenza xudicial de separación ou divorcio. O horario de atención na Administración do centro é:
luns a venres: 9:30 - 11:00h e 12:30 - 14:00h
luns: 15 - 17h
Cantas prazas vacantes hai no CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel?
A listaxe está dispoñible no taboleiro do centro e na seguinte ligazón.
Cales son os prazos?
Para dúbidas e consultas:
- Teléfono 881 880 447.
- Correo electrónico: administracion.ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal
- Presencialmente en administración no horario:
luns a venres: 9:30 - 11:00h e 12:30 - 14:00h
luns: 15 - 17h
Información sobre o procedemento:
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Solicitud admisión castellano.pdf | 1.38 MB |
Solicitud admisión gallego.pdf | 1.38 MB |
prazas vacantes 2024.2025.pdf | 59.41 KB |