Iniciamos este novo e último trimestre cunha conmemoración moi importante: a semana do libro. Por iso, durante toda a semana realizamos distintas actividades relacionadas co fomento da lectura no noso alumnado.
En concreto, na aula de Educación Infantil contamos cunha invitada de luxo: a nai dun dos nosos pequenos, Aurora. A nai de Gael fixo de experta contacontos e agasallounos coa lectura do conto “El lobo que descubrió el País de los Cuentos”(ademais de vir acompañada da mascota do conto, para ambientarnos nel). Despois da lectura e de falar un pouquiño con Aurora despedímola invitándoa a volver pronto.
Máis tarde, os nenos debuxaron ao protagonista do conto demostrando a súas dotes artísticas.