PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E EN EDUCACIÓN PRIMARIA:
TODAS AS PRAZAS SOLICITADAS EN PRAZO FORON ADMITIDAS DE XEITO DEFINITIVO
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E EN EDUCACIÓN PRIMARIA:
5. Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
6. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
7. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.
8. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.
9. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.
10. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
- Áreas de influencia do noso colexio
SOLICITUDES PARA RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ORIXE
O prazo de solicitudes para reserva de praza no centro de orixe abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2023, ambos incluídos.
O mesmo prazo para o alumnado que vaia pasar de 6º curso de E.P. a 1º curso da ESO.
O alumnado que estea matriculado no centro, e desexe seguir nel, non ten que facer ningún tipo de solicitude.
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde de 21/10/2022. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 15 de xaneiro e o 5 de febreiro de cada ano.
O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación».
A consulta das listaxes de alumnado admitido debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
Os prazos máis salientables son os seguintes:
1. Reserva de praza no centro de orixe: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.
2. Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: o 22 de febreiro.
3. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo. Resultado do sorteo público, que vai ser o día 27/02 (aquí).
4. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.