LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

Recollida de libros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria

5 de setembro

10:30 a 13:00 horas

COMEDORES ESCOLARES 2024-2025

AVISO IMPORTANTE!

COMEDORES ESCOLARES CURSO 2024-2025

1º O alumnado que pagou o comedor durante o curso 23-24 que pase polo centro a recoller os impresos do mes de xuño (para todas aquelas persoas que non o teñan xa pagado).

2º O alumnado que vaia usar o comedor o curso 2024-2025 ten que descargarse os impresos de solicitude, o autodeclaración do comedor escolar (aquí) e enchelos. Logo pasar polo centro para entregalos (tamén teremos a vosa disposición eses impresos no centro).

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 24-25

 

- Fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P.

- Axudas para a adquisición de libros de texto (alumnado de 1º e 2º E.P. e o que teña discapacidade dun 65% polo menos) (A adquisición de libros de texto realizarase, preferentemente, a través das librarías/establecementos da zona de referencia do centro educatvo).

- Material escolar (1º a 6º de E.P.)


 


INFORMACIÓN XERAL para familias - Curso 2024-2025 presentación do 21/05 ao 21/06, incluídos

Procedemento ED330B

  Orde do 07de maio de 2024 (DOG do 20/05)  Enlace ao Diario oficial de Galicia

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, facendo clic aquí.

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente nos centros: enlace aos Anexos I e II.

Para máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace - Manual de usuario para os cidadáns: enlace

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E EN EDUCACIÓN PRIMARIA:

TODAS AS PRAZAS SOLICITADAS EN PRAZO FORON ADMITIDAS DE XEITO DEFINITIVO

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E EN EDUCACIÓN PRIMARIA:

5. Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

6. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

7. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.

8. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.

9. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.

10. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

Áreas de influencia do noso colexio

Criterios de admisión

 


 

SOLICITUDES PARA RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ORIXE

O prazo de solicitudes para reserva de praza no centro de orixe abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

O mesmo prazo para o alumnado que vaia pasar de 6º curso de E.P. a 1º curso da ESO.

O alumnado que estea matriculado no centro, e desexe seguir nel, non ten que facer ningún tipo de solicitude.

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde de 21/10/2022. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 15 de xaneiro e o 5 de febreiro de cada ano.

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación».

A consulta das listaxes de alumnado admitido debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación  admisionalumnado.

Os prazos máis salientables son os seguintes:

1. Reserva de praza no centro de orixe: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

2. Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: o 22 de febreiro.

3. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo. Resultado do sorteo público, que vai ser o día 27/02 (aquí).

4. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.


 

PAGO TELEMÁTICO DO COMEDOR ESCOLAR

PAGO TELEMÁTICO DO COMEDOR

Como informamos no mes pasado, este curso, quen o desexe, pode realizar o pago dos recibos do comedor por vía telemática. Para isto necesitamos darnos de alta na web de ABALAR, non no móbil. A ruta para configuralo é a seguinte:

Entrar na web de Abalar https://www.edu.xunta.gal/abalar e ir ao Espazo familias. Unha vez aquí debemos pinchar en “Ver alumno”; baixar pola pantalla ata o apartado de “Accións” e pinchar en “Subscrición”. Aquí aparecen as posibilidades de modificar diferentes datos e no final pode verse o apartado “Recibir notificacións de publicación do recibo de comedores”; e xa por último, activar en “Recibir correo-e” e “Gardar”.

Desta maneira pode pagarse directamente vía telemática, que será máis cómodo, e non necesita presentar xustificante no centro.

A principios de cada mes temos que entrar na web de Abalar e no apartado “Información” pinchar en “Servizos complementarios”, aquí apareceranos a función “CIXTEC” que nos permite realizar o pago.

Neste caso o ABALAR non envía aviso de que está dispoñible o pago, tan só envía un correo electrónico, polo que ou ben miramos o correo ou ben entramos na web de ABALAR para ver se está o recibo.

CEIP Veleiro Docampo

Calendario escolar 2023-2024

Os días que elixiu o claustro foron o 13 de outubro e o 20 de maio

 

Comezo do curso escolar 2023-2024

O DÍA 11 DE SETEMBRO ENTRAREMOS AO CENTRO, ÁS 09:15h, TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA (ALUMNADO, PAIS, NAIS, TITORAS/ES) ONDE O DIRECTOR PRESENTARÁ O NOVO CURSO E COMENTARÁ ALGÚNHAS LIÑAS BÁSICAS. SEGUIDAMENTE, O ALUMNADO ENCAMINARASE Á SÚA AULA COA TITORA/OR QUE TEN ASIGNADA.

 

O curso abranguerá desde o día 11 de setembro de 2023 ata o día 21 de xuño de 2024, ámbolos dous incluídos.

As entradas e saídas do alumnado serán do seguinte xeito:

*Alumnado de educación infantil (4º, 5º e 6º de E.I.): ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:10h.

* Alumnado de 1º, 2º, 3º e 6º de educación primaria: ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:15h.

As entradas e saídas efecturanse pola PORTA PRINCIPAL 

As nais, pais ou titoras/es do alumnado de educación infantil poderán entrar ao centro para deixalos e recollelos.

*Alumnado de 4º e 5º de educación primaria: ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:15h

As entradas e saídas efectuaranse pola PORTA DE MADRUGADORES.

O alumnado de 4º e 5º E.P. accederán ao edificio nº1 pola porta principal do edificio.

* Alumnado que asista ao comedor escolar e marche a casa sen ser transportado.

A este alumnado pasarán a recollelo, entrando pola PORTA PRINCIPAL cara ao edificio nº 1, as nais/pais, titoras/es legais ás 15:30h.

Ao igual ca o pasado curso, as nais, pais e titoras/es legais do alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria non entrarán ao colexio nin para deixalos nin para recollelos. Deixaranos na respectiva porta e o profesorado encargarase de entregalos ás saídas na porta que corresponda.

COMEDORES ESCOLARES 2023-2024

AVISO IMPORTANTE!

COMEDORES ESCOLARES CURSO 2023-2024

1º O alumnado que pagou o comedor durante o curso 22-23 que pase polo centro a recoller os impresos do mes de xuño (para todas aquelas persoas que non o teñan xa pagado).

2º O alumnado que vaia usar o comedor o curso 2023-2024 ten que descargarse os impresos de solicitude (aquí) e enchelos. Logo pasar polo centro para entregalos (tamén teremos a vosa disposición eses impresos no centro)

MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024

    

 MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

4º E.I. - 5º E.I. - 6º E.I.

1ºE.P. - 2ºE.P. - 3º E.P. - 4ºE.P. - 5ºE.P. - 6ºE.P.

Distribuir contido