Instituto Nacional de Ciberseguridad (Incibe_)

www.incibe.es/ciudadania

www.is4k.es

iS4K é o Centro de Seguridade na internet de España para a promoción do uso seguro e responsable da internet pol@s menores de idade.

Principais liñas de actuación:

  • Área de sensibilización e formación.
  • Liña de Axuda (Helpline).
  • Liña de Reporte CSAM (Hotline).
  • Día da internet Segura.
  • Panel de Moz@s.

Xogo_Cyberscouts

Cyberscouts está pensado para que xoguedes tanto os pais e as nais como os fillos e as fillas (+ 6 anos). É tan fácil como que cada un acceda á sección que lle corresponda e seleccione o nivel de xogo para a continuación, atopar distintos retos en forma de xogos, preguntas e vídeos (estes últimos só dispoñibles para a versión de nen@s).