PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ PARA O CURSO 2023-2024

TODAS AS PRAZAS SOLICITADAS EN PRAZO FORON ADMITIDAS DE XEITO DEFINITIVO

(as feitas fóra de prazo ten que admitilas a inspección educativa)

SOLICITUDES PARA RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ORIXE

O prazo de solicitudes para reserva de praza no centro de orixe abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

O mesmo prazo para o alumnado que vaia pasar de 6º curso de E.P. a 1º curso da ESO.

O alumnado que estea matriculado no centro, e desexe seguir nel, non ten que facer ningún tipo de solicitude.

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde de 21/10/2022. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 15 de xaneiro e o 4 de febreiro de cada ano.

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación».

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Os prazos máis salientables son os seguintes:

1. Reserva de praza no centro de orixe: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

2. Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: o 22 de febreiro.

3. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo. Resultado do sorteo público (aquí).

4. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E PRIMARIA:

5. Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

6. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

7. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.

8. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.

9. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.

10. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

Áreas de influencia do noso colexio

Criterios de admisión

AdxuntoTamaño
20221108_criterios_admision_alumnado_art_13.pdf164.07 KB