Blogues

CANTIGAS E REGUEIFAS DÍA DE ROSALÍA

DÍA DE ROSALÍA 2023

RUTA POLO CAMIÑO DE SANTIAGO AO SEU PASO POR VILALBA

O pasado 14 de xuño realizamos unha saída do centro para realizar parte de unha etapa do camiño de Santiago ao seu paso por Vilalba.

Esta ruta está relacionada co proxecto do centro e enmarcada dentro do Proxecto de vida activa e deportiva do Plan Proxecta.

O alumnado de 5º e 6º camiñaron 3,5 km do Camiño de Santiago dente Ponte Rodríguez ata Vilalba.

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º  recorreron 2,5 km e o alumnado de Infantil realizaron un pequeno recorrido do paseo fluvial de Vilalba.

Tras a camiñata todo o alumnado merendou na praia fluvial de Vilalba para despois desfrutar de diversos xogos na área recreativa da Madalena. 

3900ff83-05ad-401e-9bba-1cc850c70574.jpeg                         388acaee-12ef-4c6d-8499-d830ba9935c2.jpeg

175027fb-7c07-4f9c-aeb0-8adb7b6dbe1d.jpeg                          e8f5f7a1-b51b-4c63-b521-900f1d259038.jpeg

ACTIVIDADE MULTIDEPORTIVA CO CEIP RAMÓN FALCÓN

O pasado día 3 de maio visitou o noso centro o alumnado de 5º e 6º do CEIP RAMÓN FALCÓN para realizar unha actividade multideportiva co noso alumnado.

Neste encontro o alumnado realizou diversas competicións de bádminton e brilé por equipos mixtos con alumnado dos dous centros.

A xornada resultou un éxito para o desfrute de todos. Unha mágoa non disfrutar de mellor tempo para poder incluir os partidos de balonmán que estaban programados.

REPETIREMOS

 

 

FINAL DO TORNEO DE BALONMÁN

O pasado mes de marzo finalizou a liguilla de balonmán que estivemos a disputar durante os recreos co noso alumnado de 5º e 6º de Primaria.

A clasificación final da liguilla foi a seguinte:

 

Tras a liguilla disputouse a fase final do torneo con enfrontamentos polo 3º e 4º posto primeiramente para rematar coa gran final que disputaron o EQUIPO 5 e o  EQUIPO 1. O alumando de todo o centro asistiu a estes partidos para animar a todos os equipos.

Aquí vos deixamos algunha fotos desta xornada deportiva onde o máis importante foi o desfrute de todo o alumando.

LIGUILLA DE BALONMÁN NO CEIP VELERIO DOCAMPO

 

Esta semana demos comezo á liga de balonmán que se disputará durante os recreos polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

A liga conta con 5 equipos mixtos formados por alumnado de ambos cursos.

Aquí vos deixamos o listado de partidos e a orde na que se realizarán:

 

 

 

 

VIDEO DA PAZ

PANXOLIÑAS NO CENTRO DE MAIORES DE CASTRO

                                               

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Este curso; para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, realizamos unha actividade con todo o alumnado na que vivenciamos as dificultades que teñen no seu día a día estas persoas. Para iso simulamos as discapacidade visual, algunhas discapacidades motoras e a discapacidade autitiva. Ademais contamos con unha cadeira de rodas que nos cederon ao centro para esta actividade.

Ademais de pasar unha xornada amena e divertida, o alumnado coñeceu e vivenciou de preto aspectos e dificultades que se lle presentan ás persoas con discapacidade. 

 

Aquí vos deixamos algunhas fotos desta xornada:

 

Distribuir contido