Skip to Content

Linguas estranxeiras

Inglés

Welcome!

Dada a singularidade de toda esta situación, desde este recuncho aproveitaremos estes días para repasar e afianzar o inglés xa traballado anteriormente. 

O traballo proposto será principalmente exercicios auditivos e visuais que poden realizar dende un ordenador, tablet ou smartphone con internet.

Tamén engadirei imaxes co vocabulario ou gramática que sirvan como referencia para repasar ou ter o modelo correcto.

 

Educación Infantil 

1º EP INGLÉS

2º EP INGLÉS

3º EP INGLÉS

4º EP INGLÉS

5º EP INGLÉS

6º EP INGLÉS

 

Irei actualizando as propostas e estarei dispoñible para todos vos no mail belen.estrada@edu.xunta.es.

Tomarei como referencia o horario do cole para ir subindo tarefas. Quedaría da seguinte forma:

1º: Luns e mércores.

2º: Martes e xoves.

3º: Martes, xoves e venres.

4º: Luns, mércores e venres.

5º: Luns, martes e xoves.

6º: Luns, mércores e xoves.

Para completar, hai un recurso ao alcance case de todo o mundo que é poñer o audio da televisión en inglés. Todas as televisións con TDT dan a opción de cambiar a versión orixinal. Ver e escoitar series ou películas que lles gustan en inglés é unha boa forma de introducirse no idioma.

Un saúdo e coidádevos moito.

Distribuir contido


by Dr. Radut