Pilabots é un concurso de recollida de pilas e acumuladores en centros educativos da Xunta de Galicia: RECICLA CON ENERXÍA!.
Nesta 3º edición obtivemos o 2º premio na categoría de quilos recollidos por centro.
Ademáis a alumna de 2º de primaria, Lucia González, resultou gañadora no concurso artístico #eusonpilabots coa sua creación "Se regamos con pilas á natureza as plantas nacen tristes".
Tamén tivemos unha mención especial do xurado para Aday Maquieira de 4 anos, que fixo un robot coma a mascota Pilabots, por participar fóra de concurso (non hai categoría para educación infantil).
Ata Santiago de Compostela foi o alumnado de 2º de primaria a recoller o premio.
Moitas grazas a toda comunidade educativa de Solanas pola súa aportación na recollida de pilas porque sen eles este premio non houbese sido posible.
Obradoiro do alumnado de 4º primaria para creación de instrumentos musicais con materiais da natureza. Como crear música con restos das árbores e materiais de refugallo.
STEAM é unha metodoloxía que axuda ao alumnado a desenvolver competencias científicas e tecnolóxicas. Durante esta semana o nosos nenos e nenas tiveron sesións de robótica, placas makey makey, xogos creativos...
O equipo de robótica e Biblioteca creativa montou unhas sesións moi lúdicas e motivantes para o alumnado. Xogar é o noso xeito favorito de aprender.
Un booktrailer é unha pequena peza de vídeo na que tratas de intrigar a xente o suficiente para que queiran saber máis do teu libro.
O alumnado de 5º e 6º primaria tivo un obradoiro sobre creacións de Booktrailers. Cada grupo escolleu o seu libro e fixo o video; vestimenta, localizacións, diálogos...