Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

CASIÑAS DE PAXAROS

Estamos a crear laboratorios vivos nos que os nosos alumnos/as poden desenvolver novas capacidades, partindo dos seus intereses e potenciando o traballo interdisciplinar.

Aquí tedes as nosas novas casiñas de páxaros na zona do patio sensorial. Esta actividade foi un traballo colaborativo entre diferentes clases:

 

 

 

PLANTACIÓN E REGA DA HORTA POLO ALUMNADO DE 5º PRIMARIA

O alumnado de 5º de primaria tivo plantación e rega da horta escolar.

 

GALIÑEIRO DE SOLANAS

 

Estamos a crear laboratorios vivos nos que os nosos alumnos/as poden desenvolver novas capacidades, partindo dos seus intereses e potenciando o traballo interdisciplinar.

Aquí tedes o noso novo galiñeiro:

 

 

 

 

VISIONADO VALENTINA DE PRIMARIA E SAÍDA AO PARQUE DE INFANTIL

O Concello de A Guarda convidounos a película Valentina no Centro Cultural.

Valentina é unha nena con sindrome down que ten un soño, ser trapecista. nada é imposible con teima.

NUNCA DEBEMOS PERDER A ILUSIÓN NIN AS GANAS DE APRENDER.

Mentres o alumnado de infantil tivo unha divetida saída ao parque.

 

ABRIL MES DOS LIBROS

No mes de abril tivemos moitas actividades adicadas ao libro:

  • Lectura de familias ao noso alumnado: "Familias que contan".
  • Os nenos e nenas de 6º de primaria contan contos teatralizados a aos seus compañeir@s dende infantil ata 5º primaria.
  • "Libros que buscan fogar", unha iniciativa solidaria de libros do espurgo da nosa biblioteca que foron colocados en caixas por puntos da vila para quen os queira coller.
  • Feira do libro; cada neno/a trouxo un libro da sùa casa e fixo un troco cun compañeiro/a.

 

SAÍDA SALA ÁRTIKA E MUSEO LISTE EN VIGO

O alumnado de 3º e 4º de educación primaria fixo unha saída a Sala Ártika a ver a obra "A illa da lembranza" e ao Museo Liste que acolle unha colección de máis de 2000 pezas da cultura material e espiritual de Galiza.

 

EXPERIENCIAS CO MAGNETISMO: 6º PRIMARIA

O alumnado de 6º de primaria fixo diferentes experimentos científicos con imáns para traballar o magnetismo que é un fenómeno físico polo que os obxectos exercen forzas de atracción e repulsión sobre os materiais.

 

SAÍDA AO CONCELLO DE A GUARDA POLO ALUMNADO DE 4º PRIMARIA

O alumnado de 4º primaria visitou as instalacións do Concello de A Guarda, onde foron recibidos polo alcalde.

 

COIDADO DA HORTA POLO ALUMNADO DE 5º PRIMARIA

O alumnado de 5º primaria colaborou no mantemento da horta con limpeza de malas herbas e rega. Moi bo traballo!

 

SAÍDA AO PARQUE DE FEDORENTO DO ALUMNADO DE INFANTIL

Os nenos e nenas de educación infantil fixeron unha saída ao parque de Fedorento aproveitando as boas temperaturas destes días. O pasaron xenial!



by Dr. Radut