Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

PARTICIPACIÓN NO CONTO VIAXEIRO DO COLEXIO SAN XEROME

O colexio de San Xerome pediron a colaboración dos centros educativos de A Guarda para dar continuidade a un libro que comezaron os seus alumnos e alumnas.

Aquí podedes ver a historia feita por todos:

 

 

Mediación en acción.

O alumnado de 6º xa leva un tempo traballando na resolución dos conflitos que chegan ao buzón de conflitos do cole.

A técnica que utilizan é a da "silla boca" - "silla oreja", na que se tratan de respectar os turnos de cada un/ha e se chega a unha solución.

Aquí podedes ver algunhas das intervencións:

 

 

Mais mediación.

Mais mediación.

EXPERIMENTO: XERMINACIÓN DE LENTELLAS. 3ºB

O alumnado de 3º B está a traballar en Ciencias da Natureza o tema das plantas.

Fixeron unha xerminación dunha lentella: Introduciron algodón no fondo do vaso, botaron un pouco de auga… Despois duns días; lentellas xerminadas!!!

 

Agora están nos bancales do colexio, aquí tedes a sementación:

 

 

 

 

VIDEOCONFERENCIA CON EDITOR@S MUSICAIS.5º e 6º Primaria

O alumnado de 5º e 6º Primaria asistíu a unha charla por videocnferencia moi interesante sobre dereitos de autor e pirateria musical.

Editores de música explicaron ao noso alumnado como as creacións musicais dos artistas son arte e temos que coidar e protexer as súas obras.

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2021

O 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas. O equipo de Dinamización Lingüística fixo diferentes iniciativas no colexio neste eido.

VIDA E OBRA DA AUTORA HOMENAXEADA

Este ano a autora a que se lle adica este día é Xela Arias. O alumnado de Primaria cos seus titor@s, tiveron que facer un mural expositivo coas súas investigacións:

 

 

DECORACIÓN DE LETRAS CONMEMORATIVAS NUNHA PRAZA DO POBO

 

Actividade coordinada polos equipos de Dinamización Lingüística dos tres centros públicos de A Guarda, onde o alumnado tiña que decorar unha letras conmemorativas para mostrar na praza de Avelino Vicente do centro da vila.

 

 

 

DECORACIÓN FONTES DA VILA

O Concello de A Guarda solicitou a colaboración dos centros educativos na decoración das fontes da vila con poemas de Xela Arias.

Ao noso centro tocoulle por a roupa tendida na Fonte de Fedorento:

 

 

FESTA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO COLEXIO

Lectura dun poema de Xela Arias e mñusica para bailar de tres profes artistas do colexio.

Foi un acto divertido e con moito ritmo.

 

PREMIO POLO VOLUNTARIADO DE LECTURA -A

Dende BiblioSolanas temos moi moi boas novas!
 
Participamos no programa de Voluntariado de Lectura-A cos cursos de 5º e 6º de Primaria.
 
Fomos seleccionados cunha dotación económica para desfrutar duns Obradoiros CHULÍSIMOS! En breve vos contaremos!
 
Aquí tedes a Resolución da Conselleria!
 
Noraboa tamén os outros coles seleccionados!
 
Estamos encantad@s!!!
 

PROGRAMA VEXO VEXO XACOBEO

Con motivo do Xacobeo 2021-2022, a Axencia de Turismo de Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pon en marcha esta iniciativa de fomentar a innovación e a cooperación.

"Vexo Vexo Xacobeo" é un programa piloto onde 10 colexios da provincia de Pontevedra acollerán esta iniciativa para divulgar, sensibilizar e promocionar o patrimonio dos Camiños de Santiago a través do conto, a lectura e a teatralización.

O noso alumnado de 1º primaria colaborou con este programa asistindo a un contaconto.

 

Letras Galegas 2021: Xela Arias



by Dr. Radut