Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

HORTA ESCOLAR: plantación de 5º e 6º de Educación Infantil.

A horta escolar é un aprendizaxe activo e cooperativo que desenvolve valores de conservación e mellora da contorna. Os nosos nenos e nenas aprenden hábitos de coidado e responsabilidade medioambiental.

O alumnado de educación infantil e o equipo medioambiental estiveron preparando a terra e semeando plantas, berzas, legumes...

 

8M- DÍA DA MULLER

O 8 de marzo conmemoramos o Día da muller para conseguir un mundo igualitario para todos e todas.

 

SAINT PATRICK`S DAY 2021

This year, in Saint Pratick`s Day:

In kindergarten, we celebrated day counting, colouring and hunting leprechauns and clovers.

Primary kids celebrated day with a challenge at the reading time, and they all got the gold.

 

 

PREPARANDO A ESCOLA PARA A DÍA DA ÁRBORE E A POESÍA 2021

O día 21 de marzo conmemórase o Día da árbore e o Día da poesía. O alumnado de 6º de primaria fixo unha poesía para decorar as nosas novas árbores do patio de primaria.

 

LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA

UNHA ÁRBORE, UN POEMA... UN POEMA, UNHA ÁRBORE. 22 de marzo Día da árbore e da poesía

O 22 de marzo conmemoramos o Día da árbore e o Día da poesía.

O noso colexio fomenta a educación ambiental para que o noso alumnado tome conciencia ecolóxica; hábitos, habilidades e actitudes de coidado da nosa natureza.

A poesía é unha forma de expresión e identidade linguística da nosas linguas. Traballar cultura e outro dos nosos afondamentos coma centro.

 

 

 

 

 

Ademais dende os equipos de Educación Medioambiental e Biblioteca animan a toda a comunidade educativa a participar na iniciativa "Unha árbore, un poema...Un poema, unha árbore"

 

 

EASTER EGG HUNT 2021

In the week of March 22-26 our students had the Easter Egg Hunt.

Menú do Comedor escolar_Abril 2021

      
   

 

     

OS ELEMENTOS DA PAISAXE. 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Neste mes en Ciencias Sociais, o alumnado de 4º de Educación Primaria está a traballar o tema "Os elementos da paisaxe".

Tiveron unha clase diferente onde tiveron que describir as paisaxes nun sitio diferente a aula ordinaria:

 

 

E para rematar o tema, cada neno e nena tivo que facer a súa propia maqueta:

ELECTRICIDADE E MAGNETISMO.6º PRIMARIA.CIENCIAS SOCIAIS

A electricidade estática é un tipo de electricidade que fai que algúns corpos se atraian ou se repelan. A atracción dos cabelos ao peitearnos sucede porque os corpos se electrizan ao fretalos, manifestan unha carga eléctrica.

O alumnado de sexto experimentou coa electricidade estática con diferentes obxectos da aula.

A corrente eléctrica débese a un movemento continuo de cargas eléctricas. Para que este ocorra, é necesario un circuito eléctrico. Durante unha sesión de ciencias sociais estivemos construíndo noso propio circuito eléctrico.

 

O magnetismo é a capacidade das pedras con magnetita de atraer algúns metais. Os imáns son obxectos que teñen esta propiedade. Estivemos experimentando de xeito divertido esta propiedade da materia.

 



by Dr. Radut