O prazo de presentación da solicitude xunto con toda a documentación é do 2 de setembro ao 1 de outubro de 2015.
- REQUISITOS PARA ACOLLERSE A ESTA AXUDA
a) Ser pai, nai, titor ou titora do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
- A DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE PRESENTAR:
a) Identidade. Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
b) Composición da unidade familiar. Copia do libro de familia onde figuren todos os membros.
Se non ten libro de familia ou se este non reflicte a situación familiar a 31.12.2013, poderá acreditar esta situación, entre outros, por algún dos seguintes medios:
-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.
c) Renda. Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou, en defecto desta, do certificado tributario de imputacións dos membros da familia, cando non autorice o acceso telemático.
d) Discapacidade igual ou superior ao 33 % dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, deberán presentar un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31.12.2013:
- Certificado xustificativo do grao de discapacidade.
- Documento que acredite a percepción de pensión da Seguridade Social de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de invalidez de clase pasivas.
e) Documentación acreditativa da situación de violencia de xénero.
A documentación que se achegue deberá ser válida no momento de presentar a solicitude
O importe da axuda para a adquisición de material escolar será de 50 euros para cada alumno/a beneficiario/a.
- DATA MÁXIMA PARA O USO DO VALE
A data máxima para usar os vales para a adquisición do material escolar será o 31.10.2015 (este incluído).
|