Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

Excursión OR.PA.GU.

Hoxe, martes 5 de maio, tivemos unha excursión moi especial. Fomos velo Porto Pesqueiro de Vigo, o Berbés, convidados pola Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU.).

Primeiro viñeron ao colexio e explicáronnos o que iamos a facer. Logo regaláronnos unha mochila coa merenda e unha lebretiña para poder facer todas as anotacións que quixeramos. E de seguido subimos ao autobús rumbo a Vigo. Ao chegar puxemos chalecos de seguranza e dividímonos en varios grupos que, en diferente orde, fomos visitar os viveiros de marisco e un barco palangreiro (o Marivi Uno). Todo o persoal foi moi amable e nos explicaron as cousas con moita paciencia. Ademais responderon a tódalas nosas preguntas!

Polo camiño atopamos aos cetreiros, os encargados das aves de presa, e foron tan amables de explicarnos en que consiste o seu traballo e lanzaron a voar a unha das águias. Foi moi interesante.

 

Coma sempre, premede na imaxe para ir a galería de fotos.

E preme nos enlaces para acceder aos artigos de prensa: Atlántico diario e Infominho.

 

Moitas grazas ORPAGU por convidarnos! 

 

ACTIVIDADES NO EIM

Os alumnos de 4 anos visitaron a Escola Infantil Municipal para realizar diversas actividades para celebrar o Día das Letras Galegas.Cantaron cantigas en galego e fixeron xogos de roda tradicionais. O pasaron moi moi ben.

 

Visita ao noso centro da Garda Civil

O pasado 7 de maio tivemos no noso centro a visita da Garda Civil. Primeiro os maiores, de 4º a 6º de Primaria, tiveron unha charla informativa sobre o uso e perigos en internet a cargo dun membro do equipo de Delitos telemáticos.

Despois todo o alumnado desplazouse ao pavillón onde agardaban membros dos equipos cidadá, tráfico, Seprona e Tedax que mostraron o seu equipamento e lles deixaron montar nos vehículos, encendendo as luces, sereas...Probaron os chalecos antibalas e ata fixeron probas de alcoholemia!

Atención especial tivo o can detector de explosivos que foi a estrela do día.

Podedes acceder ás fotos premendo aquí, e aos artigos de prensa premendo nos enlaces a seguir: Faro de Vigo, Voz de Galicia.

 

         
     
         

Saída ao Centro Cultural: Concerto e exposición.

Onte tivemos unha saída ao Centro Cultural. Alí visitamos a Exposición-homenaxe dos traballos que os Centros de ensino Público fixeron sobre a obra do pintor Guardés Xu. Tivemos a sorte de que se achegase ata ló e nos falase un pouco da súa obra, as súas inquedanzas..Despois asistimos ao Concerto Didáctico dos alumnos do Conservatorio onde participaron algúns dos nosos compañeiros. Foi unha mañá moi intensa! Preme na imaxe para acceder a galería de fotos.

     
     
     

 

 

A nosa participación no concurso da Canción do verán

Este ano volvemos participar nun concurso musical promocionado por unha marca de crema protectora solar.

Estes son os nosos traballos. Esperamos que os gusten!

 

Xogos populares 2015

Durante a pasada semana, na que celebrábamos as Letras Galegas, dende o equipo de Dinamización nos organizaron unhasemana de xogos populares con maratón e chocolatada incluídas. Foi unha gran semana!

 
  XOGOS POPULARES NOS RECREOS      
         
 
  CHOCOLATADA   MARATÓN DE XOGOS POPULARES  
     
 

 

 

 

Prazo de matrícula

O PRAZO DA LIBRE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA SERÁ DO 20 AO 30 DE XUÑO

A documentación a presentar será:

  • Dúas fotos tamaño carné
  • Fotocopia da cartilla de vacinas
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Cubrir os seguintes impresos:

              _ Solicitude de matrícula             

              _ Autorización de imaxe             

              _ Elección de Relixión Católica ou Valores sociais e cívicos.

 

PROXECTO "AS ABELLAS". AULA DE 4 ANOS.

O alumnado de 3 anos visita "A granxa de Sé"

3 ANOS:APRENDENDO A RELAXARNOS



by Dr. Radut