Rutis-Vilaboa. Culleredo (A Coruña) - ceip.sofia.casanova@edu.xunta.gal - Tlf.: 881960290

LETRAS GALEGAS 2023

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023 

Preme na imaxe para ver como comezou a xornada adicada á entrega de premios do Certame Literario 2023.

No seguinte enlace SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2023 podedes acceder ás distintas actividades organizadas para

festexar as nosas Letras.

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS CURSO 2023-2024

Quedan publicadas as listaxes definitivas de admitidos no taboleiro do centro.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes.

 

PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

 * O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no Centro, do 20 ao 30 de xuño.

 

Poden descargar os documentos nos seguintes enlaces:

- Documentación para formalizar a matrícula.

- Impreso para a formalización matrícula.

CELEBRACIÓN DA FESTA DOS MAIOS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou a celebración dos Maios o venres 12 de maio. Se queres ver o ben que o pasamos, preme na imaxe. 

FORMULARIO DE SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR E TRANSPORTE

 

Segundo se recolle no artigo 4 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, o alumnado que teña a garantía de permanencia no centro (non tendo que formalizar a matrícula) deberá solicitar o servizo de transporte e/ou comedor escolar mediante escrito, dirixido á dirección, no mes de maio.

 

Polo tanto, nesta páxina web, no apartado Secretaría, Descargar Documentos, ou ben premendo nas palabras destacadas, poden atopar o FORMULARIO para cada un dos servizos. Os cales deben ser remitidos á secretaria do centro antes do mércores 31 de maio de 2024.

OBRADOIRO CREATIVO DE XABÓNS

A tarde do mércores 26 de abril, veu ao noso cole Jéssica Estraviz de "Mar de Miranda" para impartir un OBRADOIRO CREATIVO DE XABÓNS.

Pasamos unha tarde realmente creativa... e olorosa!

Preme na imaxe para ver máis intres desa tarde.

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS CURSO 2023-2024

Quedan pulicadas as listaxes da resolución provisional de admitidos no taboleiro do centro. Sendo admitidas todas as solicitudes, poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de 5 días hábiles.

 O 15 de maio publicarase a resolución definitiva de admitidos e non admitidos no taboleiro do centro. Contra esta resolución

poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e

FormaciónProfesional no prazo dun mes.

DÍA DO LIBRO 2023

Preme na imaxe para acceder ao audiconto realizado coas aportacións dos nenos e nenas do cole.

OBRADOIRO CREATIVO DE ECOPERCUSIÓN

A tarde do mércores 19 de abril voltou Didier ao noso cole, esta vez, para levar a cabo o OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN coas FAMILIAS.

Pasamos unha tarde realmente divertida!!

  

Preme aquípara ver os vídeos

PERROS E LETRAS

O martes 18 de abril comezou o programa de lectura "Perros y Letras-READ" no noso cole. O equipo formado por Laura e Nala viñeron presentarse aos grupos de terceiro de primaria.

XA NON MÁIS PLÁSTICOS!!

A través do Concello de Culleredo levouse a cabo no 4º nivel de educación primaria unha xornada de concienciación do coidado da natureza, reducindo, reciclando e reutilizando.

XA NON MÁIS PLÁSTICOS!!!

 

Distribuir contido