"European Dog Adventures"

Hoxe o alumnado de 4º C recibiu unha visita moi especial. Despois da recollioda levada a cabo no cole, para os animais do Refuxio de Bando e de Gatocan de Oroso, dentro do Proxecto eTwinning "European Dog Adventures", xunto con outro colexio de Hungría, hoxe fíxose entrega do recadado para o primeiro dos refuxios. Aproveitando a ocasión, explicóuselles ao alumnado con detalle o labor do refuxio e a importancia de coidar axeitadamente os nosos animais. Olalla, a súa directora, veu acompañada da pequena Maeve, unha gatiña de seis meses que está desexando atopar un fogar definitivo. Moitas gracias a todas as familias que colaboraron coa recollida. En breve faremos entrega tamén da parte recadada para Gatocan. Gracias tamén ao refuxio de Bando pola visita e polo seu labor. A nosa próxima misión é facer un cartel para animar á adopción.

  

  

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo é unha data especial para as mulleres, por un día son as protagonistas. É un día de reivindicación e de recoñecemento da súa valía que tantas veces ao longo da historia e aínda hoxe pasa desapercibida. No DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, no noso colexio fixemos múltiples actividades para reflexionar sobre a igualdade e poñer en valor o traballo da muller. O noso desexo é que esta celebración non quede só nun día senón que se estenda a todo o ano.

MULLERES OLÍMPICAS e como non, entre elas a nosa ANA PELETEIRO!

Ademais de gravar pequenos vídeos sobre elas e o deporte no que destacan, plasmámolas neste mural. 

  

  

 "CONTOS PARA IGUAIS" e "QUE QUERES SER DE MAIOR?

Dende o concello achegáronnos un Contacontos para os peques de 4 anos e un obradoiro para o alumnado de 3º. Sempre é bo que nos conviden a reflexionar e a observar a nosa historia e o noso entorno, para darnos conta de que a miúdo vemos como normais comportamentos que en realidade non o son tanto. Fixéronnos entender que debemos agradecer e valorar os logros que se acadaron ata o momento e por último debuxamos e falamos do que queremos ser de maiores.

 

   

"EDUCACIÓN EN VALORES, A IGUALDADE

Dende a ONG "Mestura" achegáronnos para o alumnado de 4º un obradoiro moi interesante e divertido. Reflexionamos sobre certos comportamentos diarios, sobre unha serie de valores (fotaleza, valentía, intelixencia, amabilidade, sensibilidade, empatía...) e tamén falamos dos traballos que nos gustaría desempeñar de maiores.

   

SAÍDA AO TEATRO PRINCIPAL EN SANTIAGO

Hoxe os a alumnos e alumnas de Educación Infantil de 4 e 5 anos, asistimos ao Teatro Principal de Santiago, a ver e escoitar `` Nube nube sol ´´, achegándonos a maxia dos ciclos da natureza, e a importancia da choiva para que todo medre.

VISITA Á TORRE DE HÉRCULES E AO MUNCYT

 

Este mércores o alumnado de 5º e 6º viaxou a cidade da Coruña para visitar a Torre de Hércules e o Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía

(MUNCYT). Neste último puideron ver, entre outras cousas, parte do avión que trouxo o Guernica a España, o Jumbo  Lope de Vega. Para

rematar fixeron un taller de Biodiversidade e Bioluminiscencia. Foi unha mañá moi aproveitada. 

  

 

Chaveiros coa impresora 3D

Na materia de Arts & Crafts, usamos a aplicación Tinkercad para deseñar uns chaveiros cos nosos nomes e despois imprimímolos coa impresora 3D. 

 

 

 

 

Que se celebra en febreiro do outro lado do Atlántico?

Hoxe, 27 de febreiro, volvemos conectarnos cos nosos socios americanos do proxecto "Dos Orillas". Desta volta, falamos das celebracións do mes de febreiro dun e doutro lado do Atlántico que estivemos recopilando nun padlet: o Groundhog Day ou Día da Marmota, San Valentín, o Entroido e o Día de Rosalía. Despois competimos nun Kahoot a ver quen sabía máis de todas as celebracións comentadas. E sabedes quen quedou no podio? Pois Rita conseguiu a primeira posición e Héctor quedou no segundo lugar. O terceiro posto foi para Domingo de Miami.