Curso 2010-11
AVANCE INFORMATIVO
Enviado por Anónimo o Mar, 11/16/2010 - 22:12HOLA AMIGUIÑOS!, OS MESTRES DE PRIMARIA ESTAMOS TRABALLANDO PARA SUBIR A PÁXINA AS FOTOS DAS RECENTES ACTIVIDADES E SAIDAS QUE TIVERON LUGAR NO CENTRO DURANTE OS MESES DE OUTUBRO E NOVEMBRO, LEMBRADES? FOMOS DE VISITA A PASTELERIA "MELOSA" ONDE NOS TRATARON DE MARAVILLA, E QUE DICIR DA FESTA DAS CABAZAS E DO SAMAÍN, ESTADE ATENTOS, UNHA APERTA!!!!!!!!
We Are Going on a Bear Hunt
Enviado por Anónimo o Mar, 11/16/2010 - 19:35Os nenos e nenas de sexto interpretaron o conto We Are Going on a Bear Hunt para os nenos e nenas do segundo ciclo.
sentímolo, flash non está dispoñible.
1ª XORNADA NON COMPETITIVA ESCOLAR DE BADMINTON
Enviado por mikelez o Dom, 11/14/2010 - 11:04O pasado venres 12 de novembro participamos nunha xuntanza non competitiva de bádminton (a seguinte será o vindeiro 4 de febreiro) con escolares do Val Miñor. Serviu de adestramento para o torneo escolar de bádminton que se desenvolverá o 4 de marzo de 2011. Resaltar o bo xogo empregado e o exemplar comportamento na pista dos nosos alumnos/as participantes. Esperamos que nas seguintes xuntanzas se anoten moitos/as máis. Temos que dar as grazas a Marcos e Lucas de 3ºB, a Roi e Noemi de 4º, a Kevin, Carla, Daniel, Gael, Alex e David de 5º e a Jorge, Juan Carlos, Miguel, Anuska, Sara, Marcos, Estela e Martín de 6º pola súa participación.
Sendeirismo e Magosto, que boa combinación!
Enviado por Anarosa o Sáb, 11/13/2010 - 22:22O venres 5 de novembro fixemos a primeira Ruta de Sendeirismo, xa tradicional no noso centro: Serra- Merendeiro do Monte Galiñeiro- Petroglifos Auga da Laxe- Serra.
O alumnado do 2º e 3º ciclo fai todo o traxecto camiñando. Ao chegar ao merendeiro, descansan un pouquechiño e inician o camiño de novo para chegar aos Petroglifos.
O alumnado de E. Infantil e do 1º ciclo de E. Primaria vai en autobús ata o merendeiro e, despois, fai un tramo da ruta de sendeirismo, máis curto, debido a súa idade: Merendeiro do Monte Galiñeiro- Auga da Laxe- Merendeiro do Monte Galiñeiro.
Xa diante dos petroglifos da Pedra das Procesións, tamén chamados de Auga da Laxe, pola zona onde se ubican, o xefe de estudos explicounos a súa simboloxía e importancia.
O Monte é visto así como un lugar de lecer, onde pasar un bo rato cos nosos amigos e facer un pouco de deporte. Pero tamén é unha fonte de recursos.
Para completar a xornada, asamos ricas castañas no merendeiro, celebrando o Magosto no monte.
O Samain 2010
Enviado por Anarosa o Lun, 11/08/2010 - 17:21
Un día terrorífico!
XORNADA ESCOLAR DE BÁDMINTON
Enviado por mikelez o Sáb, 11/06/2010 - 00:48Estamos inscritos no programa "XOGADE" do deporte escolar e o próximo venres 12 de novembro pola tarde pasaremos unha estupenda xornada escolar de bádminton con outros colexios do Val Miñor no Pavillón de Baiona. Animádevos a participar!!!
O SAMAÍN 2010: O DÍA DAS CABAZAS
Enviado por anaiglesiasiglesias o Xov, 11/04/2010 - 18:05sentímolo, flash non está dispoñible.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »