Sendeirismo e Magosto, que boa combinación!

O venres 5 de novembro fixemos a primeira Ruta de Sendeirismo, xa tradicional no noso centro: Serra- Merendeiro do Monte Galiñeiro- Petroglifos Auga da Laxe- Serra. 

O alumnado do 2º e 3º ciclo fai todo o traxecto camiñando. Ao chegar ao merendeiro, descansan un pouquechiño e inician o camiño de novo para chegar aos Petroglifos.

O alumnado de E. Infantil e do 1º ciclo de E. Primaria vai en autobús ata o merendeiro e, despois, fai un tramo da ruta de sendeirismo, máis curto, debido a súa idade: Merendeiro do Monte  Galiñeiro- Auga da Laxe- Merendeiro do Monte Galiñeiro.  

magosto

 

 

Xa diante dos petroglifos da Pedra das Procesións, tamén chamados de Auga da Laxe, pola zona onde se ubican, o xefe de estudos explicounos a súa simboloxía e importancia.

Petroglifos

O Monte é visto así como un lugar de lecer, onde pasar un bo rato cos nosos amigos e facer un pouco de deporte. Pero tamén é unha fonte de recursos.

Para completar a xornada, asamos ricas castañas no merendeiro, celebrando o Magosto no monte.