Skip to Content

Abril 2020

Iniciamos 3º trimestre

Quero comezar esta páxina neste 3º trimestre para que poidades ver, traballar, practicar música. Coa familia aprenderemos máis! 

. Anímovos a que sigades facendo cousas. Neste caso co ordenador. Elexide: 

TODO O ALUMNADO DE PRIMARIA PODE PRACTICAR NESTE MESMO ENLACE. (elixides ficha e vades facendo)

Fichas interactivas PINCHADE AQUÍ  (liveworksheets)

 

 

- Un simpático xogo onde terás que asociar ás nosas  notitas musicais coa súa nota correspondente no  pentagrama. Para iso tes que arrastrar a nosa  notiña o máis rápido posible ata a nota que irá  aparecendo a un ritmo que ti podes determinar.

CAZANOTAS Pinchade aquí

 

XOGOS DE MUSICAEDUCA

pinchade aquí

 

 

 

 

 

 

 

Actividades martes 14 abril

Os envío estas fichas para repasar Lengua y Matemáticas.

  • Lengua: comprensión lectora y ortografía.
  • Matemáticas: resolución de problemas.

Un saludo.

 

Mar

Actividades para o martes 14 de abril

Ola a todos e a todas! Todo ben?
Estamos de volta e con moito ánimo para continuar co traballo. Seguimos confinados e debemos seguir tomando precaucións.

  • Mirade este vídeo tan chulo 


  • Despois escribide con boa letra os consellos para non contaxiarse que aparecen no vídeo. Podedes facer un debuxo de cada un e, se vos apetece tamén podedes debuxar a algún dos personaxes. Estou segura de que vos vai quedar un traballo perfecto. Estou desexando velo!
  • Táboa do 7: xa a sabes? Repásaa porque mañá terás outro xogo de táboas.
  • Lectura e actividades.


Coidémonos, que xa falta menos!

                                                                         María José

Actividades 6º Ed. Infantil (13/04/2020)

Boas a todas/os!

Aquí vos deixo algunhas suxerencias de actividades para ir retomando outra vez o ritmo.

Moitos bicos.

Eva

O Ceip San Xoán está con vós

Para os nosos alumnos

O noso ben máis preciado

O noso futuro

 

Moitos agarimos

  

Marinela, Carmen, Ángeles, Marta, Eva, Natalia, Ana, Mª José, Mar, Teresa, Raquel Blanco, Marlene, Jana, Isabel, Raquel Arrojo, Mª Carmen, Marisol, Nuria, Toñi e Javier. 

BRAVAS

Dende 7H Cooperativa Cultural comparten esta publicación, creada con moito agarimo e #creatividadecooperativa, para que, tanto durante o confinamento coma despois del, grandes e pequenas descubramos a mulleres referenciais, sen prexuízos nin estereotipos de xénero.

"BRAVAS: científicas e artistas galegas da nosa historia" contén unha selección de láminas ilustradas con figuras colorables e recortables de dez galegas de recoñecida traxectoria en distintos eidos da ciencia, a arte e a cultura. Cada unha das nosas bravas protagonistas está acompañada dun breve texto, destinado a lectoras adultas, para facilitar a aproximación ás biografías de senlleiras personaxes femininas de distintas etapas da nosa historia.

Agardamos que lle poidades sacar bo proveito! 

 

 Podedes descargar o PDF nesta ligazón ou picando na seguinte imaxe: https://cutt.ly/ftH6se6

Aprende coas mulleres galegas

O proxecto "Aprende coas mulleres galegas" pretende achegarnos unha serie de actividades para coñecer e afondar na vida de catro referentes intelectuais de Galicia.

 

Polo de agora, podedes consultar as actividades dedicadas

Cada tres días aproximadamente publicarase unha nova ficha dedicada a outra muller. Cada ficha terá un resumo bibliográfico e logo unhas actividades.

Estarán publicadas na páxina web da Secretaría xeral da Igualdade e nas RRSS de igualdade (Twitter, facebook e Instagram)



 

                           

by Dr. Radut