Skip to Content

Abril 2020

Actividades alumnado Ed. Infantil (20/04/2020)

Bo día familias:

Envío nova proposta de actividades para estes días. Espero que esteades ben e con moito ánimo. 

Unha aperta moi grande.

Natalia.

Actividades 6º Ed. Infantil (20/04/2020)

Boas familias!

 

Imos a por outra semana na que seguir aprendendo e disfrutando. Aquí vos deixo as novas propostas.

 

 

Unha aperta,

 

Eva.

Anécdota

Anécdota para os papás e mamás... Seguro recordan o día de hoxe.....

20 de abril do 90....

Trinta anos daquel ‘20 de abril del 90’ de Celtas Cortos. A primeira canción do disco ‘Cuéntame un cuento’ que se converteu en éxito inmediato con máis de 300.000 discos vendidos da época e que chegou todo o máis alto das listas de éxitos.

É obvio que á xente de calquera xeración gústalle lembrar os bos momentos e a canción ‘20 de abril del 90’ obrígache a botar a mirada atrás, e convocar a certas contornas melancólicas. E é que pasan os anos e  seguimos  tarareando o ‘hola  chata, como estás?’ coma se o onte daquel 20 de abril do 90  xa exercese de  visionario dos  whatsupp actuais. Porque... aínda que como di a canción ‘hoy no queda case nadie de los de antes’, o recordo segue intacto. 

 

 

Celtas Cortos - 20 de Abril (Versión 2020 Covid-19)

Actividades luns 20 de abril

As seguintes actividades son para que as realicedes ao longo desta semana. Teño moitas ganas de vervos e podervos dar un gran abrazo a cada un. Moito ánimo rapaces, pronto estaremos xuntos.

Actividades luns 20 de abril

¡Hola a todos y a todas!
En esta semana, el jueves 23, conmemoramos el Día del Libro; así que cada día os iré proponiendo alguna actividad chula relacionada con esta fecha. ¡Espero que os guste! No olvidéis lo importante que es leer bien comprendiendo lo que se lee: nos hace más cultos, nos entretiene, nos despierta la imaginación...
Tarea para hoy:

  •  Lectura y actividades (el que haya terminado el libro, puede releer alguna lectura)
  • Repaso de la tabla del 7 y anteriores
  • Ficha de numeración del viernes
  • Ficha de sumas para repasar la suma con llevadas. Cuando pegues las piezas del puzle si no te coincide el resultado de tu suma con alguno de los resultados que aparecen en las piezas es que has hecho mal la operación.
  • Puzzle con la portada de un cuento que conoceshttps://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=083a3c0c9341

¡Hasta mañana!                               

María José

Mantémonos en forma (17/04/2020)

MANTÉMONOS EN FORMA DENDE CASA

 

Para todos os que vos animedes a facer un pouco de actividade física de forma divertida ahí tedes uns vídeos para coidar o corpo:

 

Un abrazo a tod@s.

 

 

Actividades 3º e 4º (17/04/2020)

Para o alumnado de 3° e 4°de Primaria:

Ola chicos! Que tal estades?

Co fin de seguir coas nosas clases de EF  déixovos unhas tarefas para traballar:

-         

YOGA para nenos: (repetide o proceso todas as semanas)

Tedes o seguinte vídeo para facer nas dúas sesións de EF que facemos á semana:


 

 -Traballo de coordinación /salto:

 

-Traballo de salto e equilibrio: (podedes empregar as fichas do MAGOSTO) e Traballo da motricidade fina a través de manualidades.

https://fixokids.com/juegos-caseros-para-el-verano-rayuela-cohete/

Empregade material que teñades na casa e, se fose necesario, deixade voar a imaxinación.

 

-Ficheiro de xogos:

Debedes facer un ficheiro de xogos traballados ao longo do curso escolar seguindo as seguintes pautas (un xogo por semana) e en GALEGO:

Un xogo de lanzamento.

Un xogo de desprazamento (non vale moverse correndo).

Un xogo de salto.

Un xogo do Magosto.

Deberá realizarse nun folio e terá un título (real ou inventado), unha explicación de cómo se xoga, un debuxo ou imaxe do xogo e…

Para 4°, só ese curso, inventar un xogo de cada (lanzamento/desprazamento e de salto).

 

Entregaredes o ficheiro sobre o 18 de maio e o enviaredes ao seguinte enderezo: efbecerrea@gmail.com (valen fotos das vosas tarefas). Despois, cando nos vexamos, xa mos daredes  en persoa.

 

Unha forte aperta e moito ánimo.

Aprendemos na casa

As mestras do CEIP San Xoán animan aos seus alumnos a ver os vídeos que facilitan desde CLAN, xa que son un repaso do material curricular visto ao longo do curso.  Unha maneira de repasar todos o mesmo e sentirnos un pouco máis unidos dende a casa. 

 

 

Serán cinco horas diarias de clase que se emitirán polas mañás de 9:00-14:00, podedes consultar o horario aquí.

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) puxo en funcionamento, xunto coa Radio Televisión Española (RTVE), “Aprendemos en casa”, unha iniciativa como xa dixemos dirixida ao alumnado de Ed. Primaria que pretende facilitar o aprendizaxe durante a suspensión da actividade lectiva presencial motivada polo estado de alarma decretado polo Goberno para conter a propagación do COVID-19.



 

                           

by Dr. Radut