Skip to Content

Marzo 2020

Actividades para o mércores 18 de marzo

Ola a todas e todos! Que tal o traballo de onte? Fácil, verdade?
Tarefa para hoxe:
1- Lectura e actividades do Libro de Lecturas.
2- Táboa do 3.
3- Xa que estamos a un día do Día dos Papás escribiredes unhas cantas liñas sobre o voso papá: como se chama, como é, que cousas lle gusta facer, que é o que máis vos gusta del... Podedes facer esta redacción en galego ou en castelán. Non esquezades poñerlle un título e facer boa letra. Tamén podedes decorar o traballo e facer un debuxo ben bonito para o voso papá. Seguro que lle daredes unha boa sorpresa!
Sede responsables! Ánimo!!!

Mª José

Rosa contra el virus

O Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid facilita este conto para explicarlles aos nenos o coronavirus e outros posibles virus.  Podedes visualizalo e/ou descargalo picando na imaxe.

¡Lávate las manos!

Lembrade a importancia de lavarse as mans, especialmente estes días! Deixámosvos esta canción dos Lunnis para os máis peques da casa, esperamos que vos guste!  

English homework

Hello!

A teacher Raquel preparou estas actividades e recomendacións para repasar a asignatura de inglés.
O archivo de St Patricks é para todos, xa que hoxe é o dia de St Patricks e celebraremolo deste xeito, e os outro archivos están dividos por cursos, coas actividades para cada un. Infantil, primeiro e segundo; e terceiro, cuarto, quinto e sexto

Un saúdo, see you soon!

 

 

Cálculo mental

Aproveitade o xogo on line Matecitos para repasar as tablas.


- Para hoxe tamén vos propoño unha ficha de cálculo mental. Podedes imprimir ou copiar do ordenador nun folio ou libreta.
- Para rematar, facede un debuxo da vosa casa, que é o novo cole nestes días. 

Sede responsables! Coidémonos todos!

Mª  José

Actividades 6º Ed. Infantil

Có fin de facer estas semanas máis levadeiras, deixóvos unhas recomendacións para levar a cabo cós vosos fillos/as. 

Eva 

Actividades 5º

Déixovos un recordatorio das tarefas para estes días. 

Raquel

Actividades

Exercicios de ciencias da natureza para o alumnado de 4º de Ed. Primaria.

Saúdos,

Teresa. 

Actividades 5º Ed. Infantil

A mestra Ángeles adxunta unha serie de actividades para facer cós nenos dende a casa.   

Actividades

Las siguientes actividades están dirigidas a los alumnos/as de primero de primaria.

Si disponéis de impresora en casa genial. De no ser así aquellas actividades de matemáticas o lengua que necesitarían tener impresas se pueden copiar en un folio. Si tampoco tenéis folios porque las librerías están cerradas, adaptad la actividad para hacerla de forma oral, pudiendo preguntar a los niños que número es mayor que otro, o jugando a que tienen que describir algo muy bien para que vosotros lo tengáis que dibujar o representar de alguna forma y así saber si lo han hecho bien.

Iré subiendo más actividades en función de lo que se alargue esta situación.

Ánimo a todos/as y gracias.

Ana



 

                           

by Dr. Radut